O Centro Social de Boiro vai acoller este mércores 8 de febreiro, ás 17.00 horas, unha charla sobre alzhéimer e sobre como realizar os mellores coidados ás persoas que sofren esta doenza. A charla, que se desenvolve baixo o epígrafe Prevención de úlceras por presión, será impartida por Ana Calvo, enfermeira do Servizo Galego de Saúde (SERGAS). A actividade está organizada pola asociación AGADEA Alzhéimer, ao abeiro do seu acordo recente co Concello e o ciclo de actividades que programou para a cidadanía e as persoas profesionais da saúde e dos coidados en Boiro.
Inscricións no enderezo electrónico cdiaribeira@xunta.gal ou no teléfono 672 705 053.
