Entregados en Nebra os títulos de propiedade da parcelaria

07 Febreiro 2023

Na mañá deste martes 7 de febreiro celebrouse a entrega dos títulos de propiedade da parcelaria de Nebra, en Porto do Son. Co formalización desta entrega, na que participaron José González (conselleiro de Medio Rural) e Inés Santé (directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural), dáse por rematado este proceso de reorganización do territorio, no cal a Xunta investiu algo máis de 3,1 millóns de euros.

No acto, no que tamén participou o alcalde sonense Luis Oujo, o conselleiro destacou que se traballou nunha superficie de 610 hectáreas, propiedade duns 1.160 veciños. Así, pasouse de case 7.500 predios a unhas 2.500 parcelas, “o que supuxo que a superficie media por parcela se triplicase e pasarse duns 814 a 2.485 metros cadrados”, dixo, engadindo que “as parcelarias seguen a ser un dos mellores mecanismos para dar máis valor ás terras, á vez que permiten aumentar a base territorial das explotacións e reducir de xeito considerábel os seus custos de produción”. Por iso, apuntou, “as novas concentracións teñen unha concepción moderna da mellora das estruturas, orientadas a favorecer o desenvolvemento económico das explotacións”.

Tamén dixo que entre o ano 2020 e o que vai de 2023 “a Xunta rematou un total de 25 concentracións parcelarias, contando a de hoxe, que abrangueron unha superficie total de máis de 18.000 hectáreas, beneficiando preto de 12.500 propietarios que recibiron máis de 28.000 títulos de propiedade”.

Outros artigos

O 20 de xuño celébrase a II Andaina Nocturna de Nebra

Volve a Andaina Nocturna de Nebra, logo de éxito de participación do ano pasado, e faino cunha segunda edición programada para o sábado 20 de xuño a partir das 22.00 horas (recepción) na Casa Veciñal de Nebra (campo da festa) e cun prezo de oito euros de inscrición....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...