En Ribeira, licitado o proxecto para converter a Casa Gran Sol en Biblioteca Municipal

17 Febreiro 2023

O Concello de Ribeira licitou na mañá deste venres 17 de febreiro as obras de reforma e ampliación da Casa Gran Sol, na rúa Galicia e nas proximidades do Mercado Municipal, para convertela na nova Biblioteca. Trátase, en palabras do Goberno local, “dunha esperada e complexa actuación que ten un prezo de licitación de 1.278.000 euros, IVE incluído, estando financiado con cargo aos fondos de cooperación do Instituto Galego de Vivenda e Solo, entidade dependente da Xunta de Galicia”.

Conforme ao proxecto técnico, elaborado pola firma Oxil Arquitectura, proponse unha instalación que “vai permitir triplicar a superficie actual da biblioteca emprazada na rúa Manuel Lustres Rivas”, e que ostenta unha “forte aposta pola máxima eficiencia enerxética nas súas condicións ao tempo que estará perfectamente integrada na arquitectura da contorna”, explicou o Concello, engadindo que se busca incrementar a superficie dispoñíbel no edificio de dous andares dándolle unha planta máis e construíndo ás súas costas outro edificio de similar volume, estética e características. Ambos estarán unidos por un ascensor.

Ademais, na zona posterior do solar acondicionarase un patio axardinado de 200 metros cadrados ideado para a realización de actividades ao aire libre complementarios á biblioteca.

Estado actual da Casa Gran Sol, na rúa de Galicia

En canto aos fondos bibliográficos, situaranse principalmente nun espazo soterrado. Tamén disporá de sala infantil, sala de estudo, sala de informática, dúas salas de “silencio absoluto” e outros espazos. A superficie total de actuación será de 797 metros cadrados sobre unha parcela de 431 que, cómpre lembrar, foi adquirida polo Concello coa intención de efectuar esta intervención.

Por outra parte, na busca da máxima eficiencia enerxética váiselle dotar dunha envolvente técnica, instalacións de baixo consumo, paneis solares fotovoltaicos e un alxibe de pluviais que permitirá recuperar e facer circular as augas grises.

O prazo de execución son 24 meses e as empresas interesadas dispoñen ata o 15 de marzo para presentar as súas ofertas a través do Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia (SILEX).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.