En marcha o pavimentado dun dos estacionamentos públicos das Abesadas (Ribeira) e da rotonda da Poutada

02 Febreiro 2023

O Concello de Ribeira informou do inicio de dúas das obras previstas para o barrio de Abesadas: o asfaltado dun dos seus dous estacionamentos públicos e a renovación do firme do entorno da rotonda da Poutada.

A pavimentación do parking gratuíto de 2.600 metros cadrados está sendo realizado pola empresa Nemesio Ordóñez S.A., dando continuidade as obras emprendidas antes do Nadal nas que se nivelou e acondicionou con saburra a superficie afectada. Supón un investimento de 43.000 euros. Ademais, está previsto dotar de iluminación a esta área cunha actuación que será acometida por Ferrovial.

En canto á renovación do firme na rotonda da Poutada e vías adxacentes, os traballos tamén estar sendo realizados por Nemesio Ordóñez, S.A., despois de ser adxudicados a finais de decembro por un importe de 27.439,42 euros. Os operarios están a estender unha capa de aglomerado en quente tipo AC22 surf D.

Outras actuacións previstas nas proximidades comprenden a mellora do solo de saburra do parque de Abesadas, actualmente bastante deteriorado por efecto das continuas chuvias. A intención é dotalo dun material máis duradeiro como é o formigón. A intervención será realizada por Construcciones Anspal comportando un investimento de 25.582,96 euros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.