En Boiro sae a licitación o aplanamento de vehículos acumulados no depósito municipal

15 Febreiro 2023

O Concello de Boiro saca a licitación o alleamento, mediante poxa pública, de vehículos non utilizábeis e abandonados, retirados e depositados no depósito municipal. Os pregos e condicións están dispoñíbeis na Plataforma de Contratación do Sector Público.

O obxecto deste contrato é sacar a poxa pública dous lotes, un formado por vehículos abandonados e almacenados no depósito municipal e outro lote formado por unha torre-grúa tamén achegada ao depósito municipal. “Trátase de vehículos que levan moitos anos en estado de abandono nunha parcela ocupando espazo e cun gran deterioro que requiren ser tratados”, afirmou o alcalde.

Trátase dun contrato patrimonial que ten por obxecto o alleamento mediante poxa pública de vehículos abandonados retirados polo Concello e almacenados no depósito municipal que teñen un tratamento de residuo sólido urbano. A finalidade deste servizo será a súa destrución, descontaminación e posterior baixa definitiva.

As empresas interesadas en participar deste contrato teñen ata o día 28 de febreiro para presentar as súas ofertas mediante a Plataforma de Contratación do Sector Público.

O Concello de Boiro dispón na actualidade cunha parcela acondicionada como depósito municipal de vehículos que reúne as condicións axeitadas para a custodia dos vehículos retirados e con capacidade para uns cincuenta vehículos. “Unhas actuacións que levamos a cabo tendo en conta a necesidade de dispoñer dun espazo que reunise as condicións axeitadas para o depósito e custodia de vehículos”, recoñeceu o alcalde, José Ramón Romero.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.