Ecoloxistas en Acción denuncia que a autorización de vertidos concedida é resultado dunha trama de favores

01 Febreiro 2023

Ecoloxistas en Acción anuncia que presentará de xeito inmediato denuncia penal nos Xulgados de Santiago contra os responsábeis pola instrucción do procedemento de vertidos, ao considerar que existen indicios suficientes de varios delitos de prevaricación, malversación e falsedade en documento público. Interporán ademais solicitude de medidas cautelares para evitar que o vertido se poida levar a cabo, unha vez que este podería ter un grave impacto ambiental se chegar a realizarse.

Segundo a organización ecoloxistas, a autorización de vertido outorgada hoxe busca apenas garantir a escapatoria do Grupo SACYR, que a finais de decembro de 2021 asinou un acordo entregando a mina a unha empresa australiana, Biscay Minerals, desprovista de fondos e que non ten ningunha outra mina ou proxecto en todo o planeta. O acordo estaba condicionado a que a Xunta outorgara á mina a autorización de vertido, pois do contrario sería Sacyr quen terá que asumir os custos de restaurar e clausurar definitivamente a explotación.

Ante o que consideran irregularidades e deficiencias técnicas do proxecto de vertidos e o feito de que a propia mina carece de avaliación de impacto ambiental, Ecoloxistas en Acción califica a decisión desta semana como un “favorazo”, que atribúen directamente ao goberno galego.

Outros artigos

O teatro abre o mes de Nadal en Muros

Doble cita teatral esta fin de semana en Muros. Pero a cita infantil do domingo xa está chea, pois as entradas xa se esgotaron para ver aos Bolechas. Para o sábado aínda quedan añgunhas entradas que serán vendidas na billeteira media hora antes. A nova cita da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O falar das pedras”. Luís Celeiro

“O falar das pedras”. Luís Celeiro

O falar das pedras é moito falar. Din o que saben, o que pasaron e o que será. As pedras gardan as mensaxes do tempo, as raias dos anos, dos miles e millóns de anos e cóntannolo aos que as escoitamos, aos que as miran e as queren. Millóns de anos escribindo e deixando...