CONGALSA formaliza a súa adhesión á Alianza polo Clima

01 Febreiro 2023

Galicia avanza na loita contra o cambio climático con 41 entidades adheridas xa (universidades, autoridades portuarias, clubs deportivos, empresas e outras entidades) á Alianza polo Clima e como membro activo da Misión de Adaptación da Unión Europea, segundo salientou este mércores 1 de febreiro a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, durante a sinatura do convenio de adhesión de CONGALSA á iniciativa impulsada pola Xunta. Vázquez incidiu en que o apoio de CONGALSA suporá un “avance moi importante” para poñer á Comunidade na vangarda fronte ao quecemento global e as súas consecuencias.

Luis Simarro, director xeral de CONGALSA, e a conselleira Ángeles Vázquez

Esta Alianza, engadiu, “supón asumir as liñas estratéxicas marcadas polo Goberno galego nesta materia e unha serie de deberes como establecer accións dirixidas á adaptación ou mitigación do cambio climático en Galicia; fomentar o intercambio de información científica, tecnolóxica, socioeconómica ou xurídica sobre este tema; promover e apoiar a investigación vinculada ao clima, e acelerar o desenvolvemento e a difusión de tecnoloxía para a transición cara a sistemas de enerxía de baixas emisións”.

Segundo fixo saber a conselleira, hai moitas maneiras de contribuír a frear o cambio climático, “como fan as industrias, que modifican o seus sistemas de produción para facelos máis eficientes e sustentábeis, ou as universidades, que investigan e deseñan sistemas para favorecer que esa produción sexa respectuosa co medio ambiente”. Un exemplo deste traballo e este compromiso nolo dá CONGALSA, destacou, “unha das compañías de alimentación líderes do mercado con presencia comercial en países de catro continentes, que pechou 2021 cunha facturación de 113 millóns de euros e mobilizou un total de 26 millóns de quilos de produtos das súas diferentes gamas”.

Ademais, salientou que a empresa alimentaria da Pobra do Caramiñal “é consciente da necesidade de rexenerar o estado natural do territorio e o medio mariño así como do impacto que as cuestións vinculadas ao cambio climático poden ter na organización a curto, medio e longo prazo”. Neste punto, a conselleira valorou moi positivamente que CONGALSA conte “cun equipo propio para traballar no seguimento e avaliación dos obxectivos ambientais da empresa e fomentan a transición cara a un modelo de economía circular a través da reciclaxe e unha adecuada xestión enerxética e da auga”.

A sede principal de CONGALSA na Pobra do Caramiñal

Outros artigos

Na Pobra, o Museo Valle-Inclán acolle a maqueta do Santa Isabel

Este venres, día 18 de setembro, tivo lugar na Sala de Iconografía do Museo Valle-Inclán a rolda de prensa para presentar a nova exposición temporal da maqueta do buque Santa Isabel, afundido o 2 de xaneiro de 1921 nas costas de Sálvora (Aguiño), e que poderá...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.