Congalsa factura máis de 132 millóns de euros o que supón un incremento do 17% con respecto o ano anterior

04 Febreiro 2023

Congalsa, empresa especializada en alimentación con sede na Pobra do Caramiñal (A Coruña), celebrou esta mañá no Pazo Torre de Xunqueiras a súa tradicional gala anual de presentación de obxectivos,
resultados e proxectos, á que acudiu a práctica totalidade do persoal. Trátase do primeiro evento deste tipo que se realiza desde 2020, pois nos dous últimos anos a gala tivo que cancelarse debido ás restricións sanitarias e de distanciamento social impostas pola pandemia.
Durante o acto, a empresa deu a coñecer os seus resultados económicos de 2022. Congalsa pechou o último exercicio cunha facturación de 132,3 millóns de euros, un 17% máis con respecto a 2021.

Xunto a isto, Congalsa fixo público o dato do volume das súas diferentes gamas de produto comercializadas ao longo do ano pasado, unha cifra que alcanzou as 30.000 toneladas. E tamén se destacou durante a gala que incrementou a súa porcentaxe de traballadores en case un 15% no último ano, ata alcanzar os 673 actuais.
Estas cifras inclúen os resultados da firma en Galicia, sumados aos da planta Sulpasteis, a compañía que Congalsa adquiriu en 2020 en Portugal.

Premio Ramón Doval
Do mesmo xeito que en galas anteriores, o acto desta mañá serviu para dar a coñecer os resultados do denominado Premio Ramón Doval ao traballador ou traballadora que mellor represente os valores corporativos da empresa: compromiso coa empresa, respecto polas persoas, orientación ao cliente externo e interno, eficiencia, integridade e ética empresarial, traballo en equipo, orientación á mellora continua, innovación, actitude positiva e orientación á sustentabilidade (económica, social e ambiental).
Trátase dun recoñecemento anual que cobra especial relevancia porque o gañador é escollido por todos os traballadores da empresa, nunha votación telemática interna levada a cabo durante o evento.
O premio, que leva o nome do anterior director de Relacións Externas da empresa, xa xubilado, foi instaurado en 2014 e alcanzou nesta ocasión a súa décima edición, na que resultou gañador Roberto Fernández Ageitos, traballador de mantemento, que leva 29 anos vinculado á empresa.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...