Boiro celebra este domingo os tradicionais enterros que poñen fin ao entroido nas distintas parroquias

22 Febreiro 2023

O Concello de Boiro celebra esta fin de semana os tradicionais enterros que poñen fin ao entroido 2023 que se levan a cabo nas distintas parroquias.
Un tren con animación musical fará un percorrido polos distintos enterros tradicionais.
A programación dos enterros comeza este mércores 22 de febreiro ás 20.00 horas no Centro Social de Escarabote, onde se vai levar a cabo a presentación do Caderno Cultural nº14: o enterro do Felipiño, unha publicación que fala sobre a memoria deste festexo tradicional con máis de 80 anos de historia. Na presentación participarán María Outeiral, concelleira de Cultura; Lucía Pérez, da Asociación de Veciños ‘Fontenova’ e Antía Romero, da Asociación Cultural Pedra da Aroña.
O sábado día 25 terá lugar en Lampón o velorio do Felipiño cunha procesión que sairá ás 16.30 horas do Centro Social para percorrer as rúas e tabernas da parroquia. Pola noite, a partir das 21.30 horas, velorio do Felipiño con Cabina Movil e DJ Matrek.
O domingo terán lugar os tradicionais enterros en Cabo de Cruz, Praia Xardín, Abanqueiro e Escarabote con programación organizada polas asociacións culturais e veciñais das distintas parroquias. En Cabo de Cruz sairá ás 11.30 horas unha matraquillada que percorrerá a parroquia, ás 12.30 horas sairá o desfile do entroido crucense que se une coa matraquillada e irá dende a Praza do Lorcho ata o Pataqueiro e volverá pola estrada principal ata o Porto. Pola tarde, ás 17.30 horas en Palén (Capela do Carme) realizarase o
espectáculo teatralizado “A inflación” e ás 19.00 horas incineración do Farruco. En Boiro terá lugar en Praia Xardín o enterro da cunca, que será a partir das 12.00 horas. En Escarabote a programación do enterro comeza ás 12.30 horas cunha foliada de entroido con callos, empanada e doces típicos e pola
tarde, ás 17.30 horas, ruta de despedida do Felipiño co tren dos enterros con saída da Agramuíña, estrada principal, Pontellón e regreso ao Porto, onde terá lugar o responso e queima do Felipiño ás 19.00 horas.
En Abanqueiro celébrase o enterro do Óso con saída ás 16.45 horas ca comitiva ata a casa dos veciños da parroquia Adam e Fany, onde terá lugar o enterro.
Un tren percorrerá durante todo o día os enterros co seguinte itinerario: 11.00 horas, enterro do Farruco de Cabo de Cruz; 13.30h, enterro da Cunca de Praia Xardín; 16.30h, enterro do óso de Abanqueiro; 18.00h, enterro do Felipiño de Escarabote.
A concelleira de Cultura, María Outeiral, falará máis polo miúdo da programación dos enterros tradicionais do vindeiro domingo este mércores 22 de febreiro ás 19.50h no Centro Social de Escarabote (antes do comezo da presentación do caderno cultural).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.