BNG, Marea e PSdG de Noia reclaman ao Concello que se posicione contra os vertidos de San Fins

08 Febreiro 2023


Ricardo Suárez (BNG), Manolo Seijas (Marea) e Fran Pérez (PSdeG), solicitaron de novo este martes 7 de febreiro ao alcalde de Noia, Santiago Freire, que convoque o pleno extraordinario de inmediato para “poñernos a traballar e facer un recurso de alzada en condicións” contra a decisión de Augas de Galicia de autorizar os vertidos procedentes das minas de San Fins.

A nova solicitude por parte dos tres grupos da oposición noiesa chega despois de ter sido convocados
a unha xunta de voceiros ordinaria -que xa estaba prevista como cada mes- o vindeiro luns 13 de febreiro na que Freire, segundo indican, abordará este tema. Os grupos, a este respecto, din que o rexedor “nin sequera se puxo en contacto con ningún dos concelleiros e concelleiras promotores do pleno extraordinario para tratar este asunto”, engadindo que “a prioridade é contratar unha asesoría xurídica para que o Concello de Noia tome a iniciativa neste asunto e redacte un recurso de alzada antes de que remate o prazo, para o que só quedan escasos 22 días”.

Segundo advirten, “non imos permitir que Santiago Freire poña ao Concello de Noia de perfil, se é necesario promoveremos concentracións sociais diante do edificio municipal para que se defendan os intereses de Noia”. En palabras dos tres voceiros, o alcalde de Noia “ten que elixir entre Noia e o seu partido, que é quen permite que se autorice a vertedura de augas con materiais pesados”.

Lembran tamén que que o
21 de xaneiro remata o prazo legal para a convocatoria do pleno extraordinario, mais que “esperan”
que non haxa que esperar ata ese día, dada a trascendencia do asunto que o motiva.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.