As Xornadas Sociosanitarias de Outes puxeron o foco no futuro demográfico de Galicia

24 Febreiro 2023

Este xoves 23 de febreiro volveron as sesións informativas e divulgativas das XVII Xornadas de Información Sociosanitaria de Outes. Fixérono coa conferencia Demografía e futuro da sociedade galega. Foi impartida por Antía Pérez-Caramés, profesora de Socioloxía na Universidade da Coruña e por Isidro Dubert García, profesor de Historia na Universidade de Santiago. A conferencia celebrouse no salón de actos da Casa da Cultura da Serra de Outes, baixo unha asistencia de mais de 50 persoas.

A coordinación correu a cargo do Dr. Xosé Mª Dios Diz, médico especialista de Atención Primaria de Outes.

Ao final do acto, o relatores foron agasallados con unha figura de artesanía feita polos usuarios de ADISBISMUR Valadares (Outes).

A vindeira conferencia desenvolverase o 30 de marzo de 2023, baixo o título Dende Outes: Dieta Atlántica, impartida por Flor Dios Villameá, mestrado en Medicina Naturista e terapeuta corporal, e celebrarase novamente na Casa da Cultura da Serra de Outes.

Outros artigos

A RAGC e a UIE distinguen a Rubén Lado, investigador de Outes

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Universidad Intercontinental de la Empresa (UIE) acaban de resolver a segunda edición dos Premios RAGC-UIE para investigadoras e investigadores novas/os. Estes galardóns teñen como obxectivo impulsar a investigación...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...