As toneladas recollidas de vidro, envases lixeiros, e papel e cartón mantéñense na Pobra durante 2022

03 Febreiro 2023

Proseguindo co balance da recollida selectiva na Pobra do Caramiñal durante 2022, a Concellaría do
Medio Ambiente, da cal é titular a edil Genoveva Hermo (Nós Pobra), informa dos resultados obtidos nos colectores de envases lixeiros, vidro, e papel e cartón repartidos pola xeografía.
A cifra depositada nas 53 unidades do característico iglú verde mantense con relación a anteriores exercicios, con máis de 170 toneladas de vidro.
En canto ao contedor amarelo, a súa función é reciclar envases lixeiros, metal e tetrabriks. Nos pasados anos a cantidade recollida sitúase nas 200 toneladas. Hai un total de 224 contedores para estes residuos
distribuídos por todo o territorio municipal.
Parecida é a situación para o papel e cartón, asociado coa cor azul. Os 65 depósitos rexistraron nos anos previos un peso de aproximadamente 140 toneladas.
Así mesmo, co paso do tempo fóronse incrementando o número de colectores cos cales garanti-la separación na orixe.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.