As competencias prelaborais centran un novo programa formativo na Pobra

03 Febreiro 2023

O Concello da Pobra do Caramiñal prosegue achegando formación á cidadanía que redunde nunha mellora da empregabilidade das persoas menores de 30 anos. Desta volta, o Goberno local impulsou o programa Roteiro, centrado en competencias prelaborais. Preténdese dar nocións cara a unha entrevista de traballo ou á inserción no mundo laboral.

A concelleira do Desenvolvemento Local, Amparo Cerecedo (BNG), e a orientadora laboral, Blanca Álvarez, expoñen que os contidos por impartir serán ferramentas para o traballo en equipo, obradoiro de transformación positiva de conflitos, técnicas para a busca de emprego, intelixencia emocional ou adestramento profesional (coaching) e metodoloxía mindfulness como tácticas para superar a frustración, entre outras cuestións.

As clases terán lugar ós luns do período comprendido entre o día 20 de febreiro e o 15 de maio, nas aulas da confraría, en horario de 16.00 a 19.00 horas. Establécese un límite de 15 prazas. Se ben o programa está concibido para se realizar de xeito colectivo, tamén haberá intervencións individuais.

O prazo de inscricións abrangue dende o día 6 ata o 16, ambos inclusive, a través do Servizo de Orientación Laboral co teléfono de contacto 981377610.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...