ARE e hostalería de Rianxo acordan co Concello levar a cabo unha modificación da ordenanza fiscal de terrazas.

01 Febreiro 2023

A Asociación Rianxeira de Empresarios (ARE) e o sector hostaleiro local acordaron co Concello impulsar unha modificación da ordenanza física de terrazas. O acordo responde ás demandas dunha parte do sector hostaleiro, que amosou nos últimos días o seu parcial desacordo coa proposta de pago da taxa pola ocupación de terreos de uso público municipal con mesas e cadeiras que recibiron desde o Servizo de Recadación do Concello.

Ante isto os representantes desta vertente crítica solicitaron unha reunión cos representantes do Goberno local. Esta xuntanza celebrouse este martes 31 de xaneiro, e nela participou a ARE convidada polos seus asociados, representada pola súa secretaria, Conchi Martínez, e asesorada pola avogada Lara Juanatey. Por parte do Concello participaron o alcalde, Adolfo Muíños, a primeira tenente de alcalde, Mari Carmen Figueira, o xefe da Policía Local e persoal técnico do Servizo de Recadación.

Na reunión os hostaleiros presentes puideron aclarar cuestións relativas á ordenanza fiscal reguladora da mencionada taxa e ao proceso de liquidación do que agora están a ser obxecto as súas terrazas logo de dous anos de suspensión da vixencia da taxa pola COVID.

ARE e hostalería informaron que “tendo en conta que a citada liquidación se está a levar a cabo conforme a ordenanza vixente, aqueles hostaleiros que o desexen poderán solicitar o fraccionamento do pago da taxa antes de que acabe o período voluntario de pago”. Ademais, aqueles que non estean de acordo co importe da liquidación poderán presentar, no mesmo prazo, a reclamación que estimen oportuna.

Finalmente, acordouse levar a cabo unha modificación da mencionada ordenanza de terrazas. O Concello vai estudar varias das propostas realizadas polos hostaleiros presentes e a ARE e, en datas próximas, levarase a cabo unha nova reunión para tentar consensuar a nova redacción da ordenanza co obxectivo de aprobala para que entre en vigor o antes posíbel.

A ARE vai elaborar un informe con propostas para incluír na redacción da nova ordenanza e nos vindeiros días convidarase á hostalería local afectada a unha reunión na que se exporá dito informe co obxectivo de acadar unha proposta consensuada para presentar na vindeira reunión co Concello.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...