Amicos colabora nunha iniciativa para potenciar a economía social en Galicia

23 Febreiro 2023

Este xoves, 23 de febreiro, ábrese o prazo de inscrición na iniciativa O Noso Reto Solidario, unha proposta solidaria desenvolvida pola Fundación Botín, en colaboración coa Fundación Roberto Rivas e a Fundación Amicos da comarca do Barbanza (con sedes en Boiro e Ribeira), e dirixida a potenciar a innovación e a colaboración no sector da economía social en Galicia. As inscricións poderán presentarse ata o próximo 23 de marzo de 2023 na web do proxecto.

Esta convocatoria diríxese a todas aquelas organizacións galegas que teñan unha idea con impacto social ou ambiental e que queiran desenvolvela en colaboración con outras organizacións, podendo lograr así a súa viabilidade económica. As entidades seleccionadas accederán a un programa de formación e mentoring enfocado a mellorar e reforzar a innovación e a viabilidade das súas ideas e procesos internos, nunha contorna colaborativa de traballo compartido con outras entidades.

Ao finalizar este programa, as organizacións participantes expoñerán o traballo realizado ante un comité de avaliación, que será o encargado de decidir cales reciben apoio adicional para implantar o seu proxecto. Así, as propostas seleccionadas nesta nova fase recibirán un mínimo de 6.000 euros de capital semente, apoio xurídico para determinar o marco da colaboración e apoio no asesoramento e desenvolvemento tecnolóxico dos proxectos.

Desafíos

Os desafíos aos que Galicia enfróntase na actualidade (riscos ambientais, migración, refuxiados, despoboamento, envellecemento…) precisan de respostas e solucións colectivas. Neste sentido, o sector da economía social xoga un papel fundamental no desenvolvemento sustentábel do medio rural e local galego: os emprendedores sociais, os grupos de acción local e entidades sen ánimo de lucro ou as cooperativas arraigadas na zona, teñen un papel decisivo como axentes dinamizadores no territorio. Neste punto, indicaron as ditas entidades, é onde entra en xogo O Noso Reto Solidario.

Ten a súa orixe na iniciativa Desafío de Talento Solidario, creada pola Fundación Botín en 2014, dende a que se vén ofrecendo a organizacións sen ánimo de lucro a oportunidade de desenvolver metodoloxías acordes ás novas maneiras de traballo do século XXI. Co fin de afrontar as necesidades específicas de cada territorio, hai tres anos empezaron a traballar en convocatorias rexionais, nas que a Fundación Botín achega a súa metodoloxía e bagaxe, contando con socios locais encargados da implementación e financiamento da iniciativa. De aí xorde agora esta iniciativa que se desenvolverá en Galicia xunto á Fundación Roberto Rivas e á Fundación Amicos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.