Adxudicada a execución da nova vía de conexión da aldea de Fafián, que suporá o inicio da variante de Ribeira

23 Febreiro 2023

A Xunta adxudicou por 519.982 euros as obras para executar a nova vía de conexión coa aldea de Fafián, que constitúen o primeiro paso para facer realidade a Variante de Ribeira.
A actuación foi adxudicada á empresa Construcciones Ponciano Nieto S.L. A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade prevé poder iniciar as obras a finais de marzo, tendo en conta que o levantamento das actas de ocupación das expropiacións está xa fixado para hoxe e mañá, entre as 10 e as 13 horas, na praza de Abastos de Ribeira.
O obxectivo da Xunta é que na primavera de 2024 os veciños dispoñan dun pequeno treito de 220 metros que forma parte da Variante de Ribeira. Os traballos contan cun prazo de execución de 12 meses.
No que se refire ás características técnicas da nova vía, trátase dunha conexión entre a estrada provincial DP-7305, que conecta Ribeira con Aguiño a través de Carreira, e a aldea de Fafián.
A nova vía terá 220 metros de lonxitude, comezando na conexión coa estrada da deputación mediante a execución dunha glorieta de 34 metros de diámetro e finalizando en Fafián, cunha intersección en “T”.
Esta vía de novo trazado disporá de 2 carrís de 3,5 metros de ancho e beirarrúas de 2,10 metros. As beirarrúas na marxe da estrada garantirán un itinerario peonil continuo e seguro para o tránsito dos veciños.
Como intervencións complementarias, procederase á reposición do firme dos viarios urbanos afectados; e á reposición dos camiños de servizo, executando dous pequenos treitos para garantir o acceso ás leiras.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...