A veciñanza de Dodro coñeceu o Mosteiro de Oseira e degustou o cocido de Rodeiro

13 Febreiro 2023

O Concello de Dodro, a través do departamento de Servizos Sociais, organizou unha excursión veciñal destinada a degustar o cocido galego no concello de Rodeiro (Pontevedra). Celebrouse este sábado 11 de febreiro, dende as 9.00 horas e e até ao serán da dita xornada. A viaxe incluíu unha visita a unha das xoias arquitectónicas da nosa terra: o Mosteiro de Oseira. Alí as e os participantes na excursión puideron admirar os múltiples tesouros patrimoniais deste inmóbel de orixe medieval situado no concello ourensán de San Cristovo de Cea, un dos de meirande importancia económica, social e cultural de Galicia nos pasados séculos.

Tamén se incluíu unha parada en Rodeiro, onde as viaxeiras e viaxeiros puideron desfrutar dun cocido en Casa Sánchez.

A excursión foi organizada pola Concellería de Igualdade, Xuventude e Relacións Veciñais que dirixe Ana Muñiz.

Quen queira ver fotos da viaxe, foron habilitadas na Rede un bo feixe delas.

Outros artigos

Dodro organiza este domingo 4 de outubro unha xornada micolóxica

Este 4 de outubro (domingo) a veciñanza de Dodro ten unha cita cos cogomelos. Será unha xornada micolóxica organizada polo Concello para aprender e recoller diferentes tipos de cogomelos e coñecer as súas principais características para telos sempre identificados e...

+

O BNG de Dodro demanda máis persoal municipal

Desde o principio do mandato o BNG de Dodro está trasladando aos gobernos locais e autonómico a preocupación veciñal polo que é, nas súas palabras, "unha falta de investimento en Dodro" e "unha falta limpeza e asfaltado ao longo da estrada da Xunta AC-305 que vertebra...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.