A USC constata a vaga de desinformación nas redes xerada polo crime de Samuel Luiz

02 Febreiro 2023

A desinformación avanza e malia as vantaxes e beneficios das novas tecnoloxías, dos dispositivos e das redes sociais, faino grazas a todos estes novos recursos de comunicación e o anonimato que proporcionan. Así o entenden as nosas universidades, que comezaron o ano impulsando novos proxectos para combater as novas falsas (fake news) e axudar a incrementar a fiabilidade da Rede, localizando aqueles puntos críticos da información galega e estatal: puntos de onde xorde e prolifera o falso. A USC, a través dun equipo pertencente ao grupo Novos Medios, puxo o foco no caso do asesinato na Coruña de Samuel Luiz, acontecido na madrugada do 3 de xullo de 2021.

Segundo fan saber os investigadores nun estudo sobre a cobertura dos medios de comunicación (analizando a conversa pública nas redes sociais e o papel dos fact-checkers no caso do dito crime), o caso foi un fervedoiro de desinformación “cun debate público dominado por actores non xornalísticos” e cunha conversación polarizada e de marcado cariz político na rede social Twitter.

O estudo de Novos Medios constatou que “as desordes informativas mostran que o ruído que xera a discusión pública completa o relato con contidos falsos, enganosos e nesgados”.

Sinalan, máis polo miúdo, que “a posibilidade de tratarse dun crime de odio, xunto á politización do caso, a intervención de diferentes actores e a notable polarización evolucionaron nun clima onde proliferou a desinformación”, explican Jorge Vázquez Herrero, María Cruz Negreira Rey e Xosé López García, profesores da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, e autores do artigo Misinformation on trial: Media coverage of a murder, public conversation and fact-checking. 

En primeiro lugar, analizáronse as noticias sobre o dramático evento e os avances da investigación durante o segredo de sumario nun medio local (La Voz de Galicia) e nun estatal (El País), reconstruíndo os encadres informativos. Nun segundo paso da investigación, abordouse a conversa en Twitter con algo máis de 750.000 chíos analizados e visualizados en grafos, afondando nas principais comunidades e nas mensaxes máis difundidas para identificar as liñas discursivas e constatar a polarización, “moi evidente cando hai unha posición político-ideolóxica”.

En terceiro lugar, estudouse o rol de verificadores como Maldita.es, Newtral, Verifica RTVE e AFP Factual, ademais de identificar e caracterizar as desordes informativas. Neste caso atopáronse evidencias de “falso contexto, contido enganoso, falso e manipulado, así como a intervención de contramedios e medios partidistas”.

O caso analizado, sinalan, “exemplifica a complexa interrelación entre diferentes actores, nun contexto no que incluso os eventos máis tráxicos xeran marcos interpretativos da realidade nun clima polarizado”.

Nas redes sociais, engaden, observouse un debate público dominado por actores non xornalísticos, como poden ser figuras políticas, a contorna da vítima ou colectivos vencellados.

Así, a desinformación en diferentes graos “emerxe e tende á simplificación do discurso”.

A investigación enmarcouse no proxecto europeo IBERIFIER, do cal a USC forma parte a través do grupo Novos Medios.

Outros artigos

Este xoves 1 será unha xornada máis solleira e con vento do nordés

Comeza outubro baixo o dominio das altas presións, o que propiciará unha xornada de progresiva estabilización meteorolóxica e ausencia xeral de precipitacións. O día comezará con bancos de néboa e nubes baixas en diversos puntos do interior. Co avance da mañá esa...

+

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

Despunta el otoño sobre la ría de Arousa con una claridad de plata vieja y salitre, mudando los pinares de la isla de A Toxa en un mirador de sosiego donde la Galicia más atlántica y liberal renueva su vocación de encuentro. En este umbral de octubre, cuando la brisa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.