
O Concello de Ribeira informa de que esta mañá acaba de saír a licitación o subministro e
instalación de butacas nas dúas salas de que disporá o novo Auditorio Municipal de Ribeira, actualmente en construción na praza do Centenario.
En concreto, está prevista a dotación de 460 butacas (450 fixas e 10 desmontables) para a sala principal e 120 para a sala polivalente (115 fixas e 5 desmontables) conforme as características singulares establecidas no pliego de prescripcións técnicas.
Respecto a este último enclave, situado no primeiro andar, o contrato incluirá ademais a instalación dunha grada retráctil telescópica de 12,85 metros de ancho e 77,10 metros de longo sobre a que se
asentarán as citadas butacas, distribuídas en seis alturas. Desta forma, poderase xogar co aproveitamento deste espazo no caso de eventos e actividades que polas súas características non precisan de asentos.
O orzamento de licitación ascende a 323.257,55€, IVE incluído. O prazo estipulado para a fabricación e montaxe é de tres meses. As empresas interesadas dispoñen ata o 17 de marzo para presentar
as súas ofertas a través do Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia (SILEX).




