A Pobra inaugura a escultura da Galiza Mártir no 11 de febreiro

08 Febreiro 2023

A escultura da Galiza Mártir lucirá nos Xardíns de Valle-Inclán a partir do 11 de febreiro segundo
avanza o concelleiro da Memoria Histórica, Xabier Santos (BNG), acompañado da súa homóloga dos Servizos Sociais, Amparo Cerecedo (BNG).
A inauguración desta peza elaborada por Manuel Teira está prevista para as 18.00 horas, nun acto que contará coas intervencións do alcalde, do propio edil e do artista. Haberá tamén actuación musical.
Materialízase así a escultura da que xa se presentara o bosquexo en agosto con motivo da programación do Mes da Galiza Mártir. Santos explica que se trata dunha “homenaxe a tódalas persoas represaliadas no
noso concello durante a ditadura franquista e tamén se trata dunha homenaxe a todas aquelas persoas que loitaron pola democracia.” Puxo en valor, ademais, o feito de que A Pobra conta cunha área específica que traballa a prol da memoria histórica. Convídase, polo tanto, á veciñanza a asistir a unha xornada tan significativa.

Outros artigos

Abertas as inscricións para a nova Andaina San Silvestre Rianxo

BeOne Rianxo Piscina Municipal de Rianxo organiza unha nova edición da Andaina San Silvestre Rianxo. Será o 31 de decembro a partir das 10.00 horas. A distancia a percorrer será de 12 quilómetros. As inscricións están abertas e teñen un custe de 10 euros máis a achega...

+

Na Pobra o espírito do Nadal xa se vive no CAD

Comeza o mes de decembro e o CAD situado na Pobra do Caramiñal xa ten todo preparado para o Nadal. De feito, neste día 1 deron a benvida oficial a esta época festiva.Un trineo, unha casiña de xenxibre ou a caixa de correo para os Reis Magos son algúns dos elementos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O falar das pedras”. Luís Celeiro

“O falar das pedras”. Luís Celeiro

O falar das pedras é moito falar. Din o que saben, o que pasaron e o que será. As pedras gardan as mensaxes do tempo, as raias dos anos, dos miles e millóns de anos e cóntannolo aos que as escoitamos, aos que as miran e as queren. Millóns de anos escribindo e deixando...