A noiesa Tokateki impulsa unha campaña nas redes e en Change.org para salvar a ría dos vertidos

25 Febreiro 2023

Estas semanas chegaron dende moitas frontes voces de alarma que fan fincapé nos perigos que ameazan á ría de Muros e Noia, que adquiriron máis gravidade ante a autorización dos vertidos previstos dende a Mina de San Finx (Lousame), que, segundo advirten os colectivos (ambientais, pesqueiros, marisqueiros), implicarían un novo e preocupante aporte de metais pesados directamente á ría. Ante esta situación, a tiktoker noiesa Mercedes Silva (Totakeki) publicou un vídeo feito viral no que debullaba os riscos de baleirar a dita explotación mineira e orixinar augas contaminadas.

Totakeki tamén lanzou unha petición na plataforma Change.org para xuntar apoios contra o que denunciou previamente nas redes sociais. Na súa recollida online de sinaturas, que conta mentres se redactaba este artigo (este sábado 25 de febreiro ao mediodía) con 2.500 apoios, Silva comenta que “a ría de Muros e Noia está en grave perigo, como tamén o están as máis de 1500 familias que traballamos e vivimos do mar”. Segundo comenta, as verteduras “supoñerían o peche do banco marisqueiro”, e todo a prol dun mina que “dentro das súas galerías acumula máis dun millón de litros de auga con valores en metais pesados que multiplican por oito os valores permitidos”.

Todo o devandito vén acompañado dun vídeo en YouTube no que se explica de xeito pormenorizado a problemática da ría e da dita explotación mineira.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...