A Deputación convoca o programa de axudas para eventos de pintura mural urbana en 2023

11 Febreiro 2023

O departamento de Turismo da Deputación da Coruña investirá este ano 150.000 euros no seu programa de subvencións dirixido a concellos para a realización eventos de arte pública urbana na modalidade de pintura mural. A achega máxima por beneficiario é de 35.000 euros e o prazo de presentación de solicitudes rematará o 10 de marzo.

Poderán acceder ás axudas os concellos coruñeses que desenvolvan en 2023 programas ou eventos de arte urbana, cun mínimo de dúas edicións consecutivas de antigüidade e que a última se celebrase con posterioridade ao ano 2017.  Os certames deberán contar cun mínimo de tres obras orixinais ao aire libre orixinais, dun mínimo 16 metros cadrados e de distintos artistas ou colectivos de artistas.

Entre os criterios de valoración están a antigüidade do festival, o número de días de duración do evento, o número de artistas ou colectivos participantes e que sexan de Galicia, número de artistas ou colectivos internacionais, o número de artistas ou colectivos estatais, as actividades paralelas (conferencias, concertos, talleres, visitas guiadas ou outras), os medios de difusión do proxecto ou a paridade no xénero das artistas e dos artistas convidados.

Tanto as solicitudes como o resto da tramitación desta convocatoria realizarase por vía telemática a través da plataforma SUBTEL, accesible desde a sede electrónica da Deputación.

As bases da convocatoria están publicadas no Boletín Oficial da Provincia do 2 de febreiro e pódense consultar e descargar na seguinte ligazón: bit.ly/3RVHubO

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Valentía política”. José Manuel Pena

“Valentía política”. José Manuel Pena

Salen de sus hogares, todas las semanas, en busca de alimentos, medicamentes, bonos para viajes o alguna que otra ayuda económica para gastos extraordinarios. Estas familias acuden a alguna ong ó entidad social que las ayudan desde hace décadas e incluso, a algunas de...

“La felicidad”. José Antonio Constenla

“La felicidad”. José Antonio Constenla

En este mundo tan dado a poner días, etiquetas y estadísticas a la vida, lafelicidad no podía ser menos y la Red de Soluciones para un DesarrolloSostenible, dependiente de Naciones Unidas, ha establecido una serie decriterios que permiten medir si un país ofrece...