A compostaxe posibilitou o descenso do peso nos contedores xenéricos da Pobra en 2022

23 Febreiro 2023

A Concellaría do Medio Ambiente da Pobra do Caramiñal fixo balance do acadado en 2022 grazas á súa aposta pola xestión da materia orgánica na orixe, “unha cuestión que redunda en beneficios medioambientais e económicos”, sinalou a concelleira Genoveva Hermo (Nós Pobra), engadindo que a Administración local puxo en marcha dúas liñas de compostaxe que, en 2022, prestou servizo a 215 domicilios inscritos (645 habitantes). A participación desta veciñanza tradúcese en aproximadamente 111’59 toneladas de materia orgánica que non se baleirou nos 449 contedores xenéricos dispoñíbeis no termo municipal cun rexistro no pasado exercicio de 3.827 toneladas.

A compostaxe doméstica destínase a vivendas con parcela e amais cóntase coa implicación da comunidade educativa. Doutra banda, a comunitaria diríxese a persoas residentes en edificios e vivendas unifamiliares sen terreo. As tres illas da compostaxe comunitaria sitúanse na zona do Castelo, nas pistas de Raquel Fernández Soler e na contorna do paseo da Xunqueira: tres espazos próximos a núcleos densos de poboación do centro urbano.

En ámbolos casos proseguen abertas as inscricións que se deben formalizar no rexistro do Concello.

Presentación da iniciativa de compostaxe comunitaria o pasado mes de setembro

Outros artigos

O Pazo da Mercé, na Listaxe Vermella do Patrimonio de Hispania Nostra

A Lista Vermella do Patrimonio que mantén actualizada online a asociación Hispania Nostra denunciando o estado de abandono dos tesouros da xeografía española, vén de engadir un novo inmóbel do Barbanza aos seus rexistros, que sumar á Casa da Cadea (A Pobra) e a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu vi a árvore chorar” – Manuel Domínguez

“Eu vi a árvore chorar” – Manuel Domínguez

Eu vi a árvore chorar. Em honra da verdade choramos juntos. E entre lágrimas e balbucios de palavras, mesmo entendendo porque ele estava chorando, perguntei a ele. Ele não estava chorando pela fruta perdida, podiam ser maçãs, laranjas, neste caso eram pinhas, pinhas...