A Cervecería Morrison, a tenda de moda La Urbana Store e o veciño José Antonio Fernández Ruiz resultaron os gañadores dos tres concursos de engalanamento postos en marcha polo Concello de Ribeira no pasado Nadal: decoración de establecementos hostaleiros, escaparates, e fachadas, balcóns e xardíns. Este 9 de febreiro o salón de plenos do Consistorio acolleu a entrega de premios nun acto presidido pola primeira tenente de alcalde e concelleira de Cultura, María Sampedro, quen explicou que esta iniciativa, destinada a favorecer o embelecemento do entorno, estaba dotado de 1.800 euros en premios en metálico, repartidos entre os tres primeiros clasificados de cada modalidade.

Así, de acordo cos gústames acadados na conta de Facebook do Entérate que xestiona a Concellería de Cultura, relación de premiados é a seguinte:
PRIMEIRO PREMIO
300 €
Concurso decoración de establecementos hostaleiros
CERVECERÍA MORRISON
SEGUNDO PREMIO
200 €
Concurso decoración de establecementos hostaleiros
EL CUBANO BURGUER
TERCEIRO PREMIO
100 €
Concurso decoración de establecementos hostaleiros
VINOTECA ABUELA GLORIA
PRIMEIRO PREMIO
300 €
Concurso decoración de escaparates
LA URBANA STORE
SEGUNDO PREMIO
200 €
Concurso decoración de escaparates
FLORISTERRAE
TERCEIRO PREMIO
100 €
Concurso decoración de escaparates
CENTRO DE UÑAS YAZMIN REYES
PRIMEIRO PREMIO
300 €
Concurso decoración de fachadas, balcóns e xardíns
LeDiZia, de J. Antonio Fernández Ruiz
SEGUNDO PREMIO
200 €
Concurso decoración de fachadas, balcóns e xardíns
Almacén secreto de Papá Noel, de Purificación Luengo Bouzón
TERCEIRO PREMIO
100 €
Concurso decoración de fachadas, balcóns e xardíns
Manualidades de Covid, de Ángela Pego Pérez
Ao rematar o acto, os compareceres sacaron unha foto de familia nas escaleiras do Concello.



