A Área Sanitaria de Santiago- Barbanza amplia a rede de plans locais de saúde incorporando a primaria de Muro e Carnota

13 Febreiro 2023

O Servizo de Atención Primaria de Muros e Carnota incorpórase á rede de centros que desenvolven o Plan Local de Saúde.
Esta mañá a xerente da área sanitaria de Santiago e Barbanza, Eloína Núñez, o director de atención primaria compostelá, Felipe Calle e a alcaldesa de Muros, Inés Monteagudo, participaron na presentación do plan que tivo lugar no antigo Centro de Saúde de Muros a cargo de Domingo Fabeiro, xefe do servizo. O alcalde de Carnota, Juan Manuel Saborido, non puido asistir por mor do incendio que se rexistrou no concello na noite pasada. Ä presentación tamén acudiron representantes de asociacións deportivas locais, persoas con discapacidade e traballadores sociais dos concellos.
A xerente Eloína Núñez, “destacou a importancia do desenvolvemento destes plans para ir máis alá na atención sanitaria e involucrarnos de cheo na prevención da saúde”. Pola súa parte a alcaldesa de Muros, Inés Monteagudo, pediu “a colaboración de todos osimplicados para poder levar a cabo este plan”.
Trátase do quinto centro de saúde da área en implantalo. Arestora xa está en marcha en
Santa Comba, Teo, A Estrada e Silleda e continuarase con Ordes e Valga.
Os plans locais de saúde son proxectos estratéxicos e de xestión que recollen a radiografías da saúde da poboación de referencia e a planificación de toda acción e medidas concretas que poidan mellorar a calidade de vida do cidadán. Están elaborados polos propios profesionais de cada centro, que son os que máis e mellor coñecen as demandas de atención de pacientes e dos seus servizos de atención primaria. Un traballo de gran valor, xa que ser este nivel asistencial o máis achegado ao cidadán, permite
coñecer mellor as súas demandas e adaptar o servizo ás súas necesidades sanitarias.
Todos os plans comparten en común uns principios básicos que afondan nunha atención integral e integradora, centrada na persoa; que potencia a visión familiar e comunitaria, que garante a accesibilidade, continuidade e coordinación nos coidados, que estea baseada na promoción, prevención e proactividade, que permita novas asignacións entre os profesionais e que asegure un liderado compartido.
Para lograr as accións relacionadas cos obxectivos do Plan Local de Saúde facilitarase a formación, docencia e investigación dos profesionais do Servizo de Atención Primaria.
Dende a xerencia da Área Sanitaria adecuaranse os recursos humanos e materiais destes centros para mellorar o nivel de saúde da cidadanía e a ampliación da carteira de servizos, creando unha unidade específica para a promoción da saúde compartira entre os Servizo de Atención Primaria da Área (nutricionista, psicólogo e técnico de ciencias da saúde e o deporte) supeditada á transferencia do proxecto de comisión europea de boas prácticas clínica: Health Promotion Centres.
O fin é mellorar a saúde da poboación e a eficiencia dos servizos concedéndolle máis capacidade de autoxestión aos centros.

Outros artigos

Abertas as inscricións para a nova Andaina San Silvestre Rianxo

BeOne Rianxo Piscina Municipal de Rianxo organiza unha nova edición da Andaina San Silvestre Rianxo. Será o 31 de decembro a partir das 10.00 horas. A distancia a percorrer será de 12 quilómetros. As inscricións están abertas e teñen un custe de 10 euros máis a achega...

+

Na Pobra o espírito do Nadal xa se vive no CAD

Comeza o mes de decembro e o CAD situado na Pobra do Caramiñal xa ten todo preparado para o Nadal. De feito, neste día 1 deron a benvida oficial a esta época festiva.Un trineo, unha casiña de xenxibre ou a caixa de correo para os Reis Magos son algúns dos elementos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O falar das pedras”. Luís Celeiro

“O falar das pedras”. Luís Celeiro

O falar das pedras é moito falar. Din o que saben, o que pasaron e o que será. As pedras gardan as mensaxes do tempo, as raias dos anos, dos miles e millóns de anos e cóntannolo aos que as escoitamos, aos que as miran e as queren. Millóns de anos escribindo e deixando...