Unhas 50 persoas acudiron á nova xornada sociosanitaria de Outes, que xirou arredor dos medios de comunicación

27 Xaneiro 2023

A Casa da Cultura de Outes acolleu este xoves 26 de xaneiro unha nova conferencia de divulgación abeirada ás XVII Xornadas de Información Sociosanitaria e ás segundas Xornadas do Programa Universitario de Maiores en Outes (Cuarto Ciclo da USC), que se celebran entre outubro de 2022 e maio deste ano. O fío temático da sesión foi o tratamento dos medios de comunicación da cuestión sanitaria.

O relatorio veu da man de Marta Obelleiro Hermida, licenciada en Xornalismo pola USC e graduada en Educación Primaria, amais de directora do xornal Nós Diario. Asistiron á charla medio cento de persoas.

Ao final do acto, a relatora foi agasallada cunha figura de artesanía feita polos usuarios de ADISBISMUR Valadares (Outes).

O ciclo está a ser coordinado por Xosé Mª Dios Diz, médico especialista de Atención Primaria de Outes.

As xornadas veñen da man do Concello (Centro Social e Centro de Saúde), a Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatria, a USC, ADISBISMUR e a Asociación Cultural Terra de Outes.

A vindeira conferencia xirará arredor da Demografía e futuro da sociedade galega e será impartida por Antía Pérez-Caramés, profesora de Socioloxía da UDC e Isidro Dubert García, profesor de Historia na USC. Celebrarase novamente na Casa da Cultura da Serra de Outes.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Valentía política”. José Manuel Pena

“Valentía política”. José Manuel Pena

Salen de sus hogares, todas las semanas, en busca de alimentos, medicamentes, bonos para viajes o alguna que otra ayuda económica para gastos extraordinarios. Estas familias acuden a alguna ong ó entidad social que las ayudan desde hace décadas e incluso, a algunas de...

“La felicidad”. José Antonio Constenla

“La felicidad”. José Antonio Constenla

En este mundo tan dado a poner días, etiquetas y estadísticas a la vida, lafelicidad no podía ser menos y la Red de Soluciones para un DesarrolloSostenible, dependiente de Naciones Unidas, ha establecido una serie decriterios que permiten medir si un país ofrece...