“Un edificio excepcional que Ribeira non pode -nin debe- perder”. Antón Luaces

12 Xaneiro 2023

Hai no ceo de Ribeira unha proposta de José Oujo Martínez (a quen posiblemente non coñezo) que a veciñanza, e con ela o Voncello, debe facer súa: non perder o magnífico e histórico edificio da conserveira Cerqueira sito entre a antiga praia de Pedra Pateira (sepultada baixo o asfalto da avenida que conecta o centro da cidade con Fontán-O Touro) e a tamén vella fonte e o asimesmo desaparecido lavadoiro de Bandaurrío.

A proposta anima a converter o edificio -constatado que a conserveira vai trasladar ao polígono industrial de Rianxo as súas novas dependencias- nun centro multiusos onde a actividade cultural, deportiva e veciñal vaian da man  nun futuro próximo para ben dunha cidade e os seus habitantes que, deste xeito, rescatarían ese que cualifico de “histórico” EDIFICIO industrial -máis dun século o contemplan- que coñezo perfectamente dende vai perto de 70 anos.

Vivín a escasos cen metros dese edificio e tiven a oportunidade de ver como ducias de mulleres e algúns -poucos- homes entraban e saían diariamente del, ao igual que acontecía nas fábricas de conservas de Briz, Valeiras, O Avadiño, Canucho, etc.   E case que pegado a el, estaba o Colexio no que os irmáns González Mariño (Bernardo e Ramón, ambos os dous finados) impartiron o seu moito saber a un fato de rapaces entre os que estabamos os irmáns Lens, os irmáns Santos (O Prixelo),  as irmáns Colomer, Chicho Villa, Jesús Vidal Ageitos,  María de los Ángeles Cores Amigo, Mª. Dolores Núñez Folgar, as dúas fillas do encargado de RENFE, dous fillos do encargado de LA FE. Domingo Vázquez e, entre outros, meu irmán Pepín e máis eu.

Teño motivos, polo tanto, para me referir ao edificio e a impresionante cheminea de Conservas Cerqueira e contribuir a reclamar o uso e desfrute pola veciñanza de Ribeira dun espazo ben grande e alto  no que os artes de todo tipo e distintos deportes poidan ser en pouco tempo motivo de encontro  paras a práctica de ambas as disciplinas.

www.riveira.eu

Os que mozos practicabamos deportes, só podíamos contar co campo do Grupo Escolar Francisco Franco e, a carón deste, a “pista” de baloncesto do Frente de Juventudes; o campo da feira (tras o edificio do cuartel da Garda Civil, e o matahomes do campo de fútbol de Frións. Non había máis, ou non había outra cousa. E iso que daquela a rapazada e xuventude precisadas de instalacións deportivas eran moito máis que as actuáis.

Pero é tempo de que Ribeira conte na capital municipal  con  instalacións acordes ás necesidades dos seus habitantes e que complementen o que se oferece na Fiaiteira. O mesmo compre dicir das dependencias culturais nas que desenvolver traballos complementarios a aqueles que, a dIa de hoxe, se poden levar a cabo en dependencias municipais espalladas polo municipio.

A iniciativa de José Oujo de solicitar o apoio cidadá a través das redes sociais debe contar coa colaboración cidadá e atopar respostas afirmativas na corporación municipal, especialmente no equipo de goberno. Dito en termos mariñeiros, que todos remen a favor de vento. Sen importar de onde veña este.

Pola cultura, polo deporte, por Ribeira, por Galicia. E, por que non?, por España. Acadar o compromiso  antes de maio, cando se celebren as elección municipais.

Outros artigos

“O falar das pedras”. Luís Celeiro

O falar das pedras é moito falar. Din o que saben, o que pasaron e o que será. As pedras gardan as mensaxes do tempo, as raias dos anos, dos miles e millóns de anos e cóntannolo aos que as escoitamos, aos que as miran e as queren. Millóns de anos escribindo e deixando...

+

“Del minifundio a las permutas”. José Castro López

Una de las causas del atraso económico de Galicia fue el minifundio, la división de la propiedad rural en fincas de dimensión tan reducida que no solo dificultaba la explotación y hacía inviable su rentabilidad, también generó graves tensiones entre propietarios de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un discurso real que compromete a la juventud”. Carlos Moledo

“Un discurso real que compromete a la juventud”. Carlos Moledo

Había expectación tanto en los ámbitos políticos como en el conjunto de la ciudadanía española por conocer la opinión de la Casa Real en el protocolario acto de inauguración oficial de la XV Legislatura de las Cortes Generales, ocurrida ayer en Madrid.Un interés que...