“Twingo, Ferrari e un frío que xa non provoca sieiro e sabañón”. Antón Luaces

31 Xaneiro 2023

Shakira e Piqué, Twingo ou Ferrari, vai ou ven. A ondaxe no mar da paso á calma chicha. Permanece a friaxe. Os cristais están embazados. É tempo do que xa non hai: sabañóns e sieiro, este por riba dos xeonllos cando eramos cativos e os sabañóns nos dedos, que non permitían xogar á bola (canica) de tanto que, disque, doían.

Nunca souben dos sabañóns, pero sí do sieiro, que deixaba a parte superior dos nocellos -xusto onde o pantalón curto, evidentemente, non cubría a perna-  e que Juanita A Troca, viciña do Pombal, en Ribeira, recomendaba que lavara con auga de mar “que todo o cura, rapás” cando viña á fonte de Bandaurrío cunha enorme bañeira de zinc á cabeza.

O sieiro tamén atacaba con gañas nos cotobelos. Doía que adoecía e daquela sen Twingo nen Ferrari; como moito o coche de Fernando (posiblemente un Chevrolet) ou o famoso  Biscúter de don Pascual, o veterinario con domicilio na praza de Compostela,

Este sieiro nas mans impedía xogar ao “pión”, de tanto como doía. E por lle facer caso a Juanita fomos Andrés O Caxado e máis eu lavarnos con auga de mar ao peirao de Cerqueira.

Vaia remedio!. Picaban as mans e picaban os xeonllos que, en verdade, era un comechón insoportable.

Malia todo puxémonos a xogar á “villa” (billarda) na esplanada da praza. Xa de primeiras, Pepe O Gancho fixo un “tiro” sensacional e eu, no afán de acadar un “lulo” (dez puntos, se no  lembro mal) collín a villa cando esta aínda tiña percorrido e vin o santoral ao completo porque unha das puntas petou no sieiro da man dereita, o que me deixou absolutamente inválido para a desputa da partida.

Días de nortada ou duro Nordés, cando os mariñeiros se xuntaban no “mentireiro” da caseta do fielato (onde cobraban os impostos pola entrada en Ribeira de bocois de viño procedentes de Vilagarcía) era sabido que os rapazotes que daquela tiñamos pouco máis de once anos eramos candidatos seguros ao sieiro, e todo por non usar pantalóns ata o nocello, que taparan totalmente as pernas.

Menos mal que na casa había cociña das denominadas “bilbaínas”  que quecían rápidamente o baixo do edificio e aínda chegaba ao primeiro andar, onde estaban os cuartos de dormir. O malo era, neses días, a friaxe das sabas. Tardabas en dormir e contabámonos contos os dous irmáns (Pepín e máis eu) ata que os corpos quecían e, por fin, ao caloriño dos corpos, cada quen se encomendaba a quen fora para enfiar un camiño dos soños ata a mañá, con todo preparado para írmonos á escola de don  Juan Emilio Álvarez de Prado (Colexio Compostela), na rúa Colón,  que tiña a carón da porta un valo de cemento no que se podían afiar os “pizarrillos”-

Daquela no había esas liortas propiciadas por Twingos e Ferraris. E como futbolistas de sona, Zarra e Panizo, Mauri e Maguregui, Ramallets, Kubala, Di Stéfano, Gento, Puskas e, na vida local, Fraga, Lolo e Juan Abelleira, Nito, Quito e Manolo da Cuba (ambos os dous, porteiros) Pepe de Evangelina, Chamora (Suco II), Ricardo O Cabuxo (porteiro) e, cando estaban de vacacións nos seus respectivos equipos, Suco I, Tucho Sampedro. Bello…

Eran tempos de sabañóns e sieiro. Os de hoxe, de Twingos e Ferraris. Pero o frío é e foi sempre o mesmo.

Outros artigos

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

+

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

+

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

+

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.