“Tres novos buques para o control da pesca en augas comunitarias, cando se fala de ampliar o número de áreas atlánticas pechadas”. Antón Luaces

18 Xaneiro 2023

Resulta evidente que o tan socorrido “brexit” está a obrigar á UE a tomar medidas que aumenten o control das pescas; pero tamén queda nídiamente claro que a Comisión Europea -en definitiva a Unión Europea- non está decidida, nen moito menos, a atender a demanda española de reducir as 87 áreas de pesca pechadas. O recurso de España diante dos tribunais europeos non vai facer, probablemente, que se reforme a resolución comunitaria que afecta a algúns dos segmentos de frota máis necesitados de pescar sen ter diante sí obstáculos como os citados e que significan impedir que se pesque no só nas 87 áreas xa coñecidas, senon que se está a barallar a posibilidade de que  incremente este número.

En resposta indirecta a Unión Europea pon no mar un guardián, un protector e un sentinela dos océanos. Ou o que ven ser o mesmo: tres buques que prestarán os seus servizos durante os vindeiros seis anos, afortalando a capacidade operativa da Axencia Europea de Control da Pesca (EFCA) no seguemento, control e vixilancia das pesqueiras dacordo coa Política Pesqueira Común .

Os tres novos buques,  presentados o pasado martes en Vigo -cidade na que, como é sabido radica a devandita Axencia- son o Ocean Guardian, o Ocean Protector e o Ocean Sentinel. Enarbolan pavillón portugués, pero terán a súa base na  Cidade Olívica e asumirán a realización de operacións que van supor un troco de paradigma no control da pesca no ámbito comunitario. Estas novas unidades significan o pagamento á filial neerlandesa  da británica Sentinel Marine de 90 millóns de euros nos vindeiros seis anos. Os buques, de 62 metros de eslora, son tamén embarcacións de salvamento e resposta ante emerxencias polivalentes que desenvolverán misións de seguridade e campañas de control no marco da acción conxunta coas axendas EMGA e FRONTEX .

As unidades, dúas delas construídas en 2018 e a terceira en 2020, supoñen un fito para a historia da EFCA, en palabras da titular da DG Mare , A. Vitcheva, quen manifestou asimesmo que o pulo que darán á capacidade operativa da EFCA reforzará á súa  vez a capacidade de control  e a eficiencia da pesca.

Dous destes tres buques terán destino fixo en augas do Atlántico e o Mediterráneo e o terceiro operará en misións itinerantes, comezando polo Mar  Negro.

Un dos factores clave que incentivaron a contratación destes novos buques foi o novo reto que formula o brexit en materia de control pesqueiro en  augas europeas. De aquí o reforzo no que atinxe a unidades. Estes barcos son a remuda dos “Lundy Sentinel·, fletado en 2017, e o “Aegis”, de 2017.

Outros artigos

“Venezuela puede ser un ejemplo para el sanchismo”. Arturo Maneiro

Desde antes de las elecciones en Venezuela se han venidomanteniendo, en España, tesis sobre los posibles cambios derégimen en aquel país, todas ellas sin fundamento en la realidad.Porque se ha demostrado una vez más que los militares son los quemandan, son el poder...

+

“Melide, a de máis ovos” – Antón Luaces

Trataban os melidenses de gañar un título de honra: a vila coa maior tortilla española do mundo. E abofé que acadaron esta fin de semana o que con tanto afán perseguían. Todo, grazas a unha tortilla de seis metros de diámetro, 1.700 quilos de pataca, 30 quilos de sal,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Sen un bo director, non hai orquestra”. Antón Luaces

“Sen un bo director, non hai orquestra”. Antón Luaces

O dito é ben certo. E no que atinxe ao mar, moito máis.  Galicia precisa, dende vai anos, un director/a xeral de Pesca que, as ordes dun conselleiro/a do Mar ou de Pesca, coordinen o labor que lles corresponden en concordancia co sector pesqueiro que, dende vai...