Santanas, Fixius e Orlando dominan a primeira etapa da Liga de Cruceiros

22 Xaneiro 2023

Con puntualidade inglesa na enseada de O Caramiñal deuse a saída da primeira manga da liga de Cruceiros Ría de Arousa 2023. As embarcacións provenientes de todos os clubs da ría dispoñíanse a realizar un percorrido distinto para cada unha das 3 clases.
Os clase regata dispuxéronse para realizar un percorrido de 12,5 millas, os cruceiro-regata de 10,2 e os clase cruceiro uno de 8,6 millas. Todos os percorridos estaban trazados para que as embarcacións compartisen o tramo final: unha cinguida desde a illa de Rúa ata a chegada situada nas inmediacións do porto comercial pobrense.
Os primeiros en cruzar a liña de chegada foron dúas embarcacións da clase cruceiro, o Galopín avantaxou en escasos 50 segundos ao Orlando, vantaxe que non lle valeu para levar o primeiro posto despois da
compensación de tempos. Terceiro foi o Thor, de Guillermo Varela.
No mesmo pelotón chegaron dous barcos da clase cruceiro-regata, o vilagarcián Fixius do club Real Club de Regatas de Galicia, que levaba o triunfo por escasos 2 minutos de vantaxe sobre o local Cámping Ría de Arousa.
Terceiro posto nesta clase para o representante do CN Boiro, Piko Norte.
En clase regata outro barco do Real Club de Regatas de Galicia fíxose co primeiro posto; o Santanas sorprendía aos seus rivais ensinándolles a popa durante gran parte do percorrido, chegando en tempo real por diante de unidades en teoría máis rápidas como o riveirense Moucho ou o Chispetrén
do Club Náutico Arousa Norte, que se conformaron coa segunda e terceira posición respectivamente
A seguinte etapa desta Liga de Cruceiros Ría de Arousa 2023 disputarase o próximo 4 de febreiro baixo a organización do Club Náutico de Rianxo.

Outros artigos

Ribeira acolle o evento deportivo Nada e Corre este 10 de decembro

O evento deportivo Nada e Corre, que consistirá nunha proba de natación e outra de carreira, terá lugar este domingo 10 de decembro do 2023 a partir das 10:00 no Complexo Deportivo Municipal A Fieiteira. Na proba poderán participar as categorías dende prebenxamín ata...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ideología, vs, pensamiento creativo”. Manuel Dominguez

“Ideología, vs, pensamiento creativo”. Manuel Dominguez

Cualquier parecido con la realidad es mera coincidencia Yo les sugiero que antes que yo hable, ellos se presenten. Uno me dice que en su juventud llegó a tener el libro rojo de Mao, fue trotskista, castrista, simpatizaba con LCR la Liga, admirador del Che, comunista,...

“O primeiro paso”. Luís Celeiro

“O primeiro paso”. Luís Celeiro

Os cregos din que o do compromiso a longo prazo e para sempre é o valor principal que outorga o casamento pola igrexa. María Mercedes da Orde, casada e divorciada varias veces, di, sen falar, sen levantar a voz, case como se escoitaramos o seu pensamento,“vaiche boa!...