“Sanidade pública e de calidade” – José Manuel Pena

17 Xaneiro 2023

Dotar de máis medios humanos e materiais ao sistema sanitario público é algo que case ninguén pon en dúbida e que ás veces, aos nosos gobernantes esquéceselles adoptar as medidas necesarias, planificando, dotando e executando as partidas orzamentarias correspondentes e suficientes.

A realidade cada vez demóstranos máis recortes sanitarios; a precariedade laboral do persoal sanitario é maior; os pacientes atópanse acinados, ao longo dos corredores de urxencia na maioría dos centros hospitalarios públicos; as áreas de emerxencias dos centros de saúde, en demasiadas ocasións, atópanse con decenas de pacientes con longas esperas por falta de facultativos suficientes, mentres atenden urxencias domiciliarias; as semanas e meses de espera cirúrxica é cada vez máis longa; os menos de 10 minutos que ten que dedicar un médico de familia a cada paciente é, en moitos casos, insuficiente; así como un longo etcétera de situacións anómalas que se dan habitualmente e que é unha proba evidente da necesidade de recuperar a sanidade pública de calidade como un dereito fundamental para todos os cidadáns e en igualdade de condicións.

A falta de compromiso e dunha planificación eficaz en moitos centros sanitarios, por falta de recursos, é algo que seguirá deteriorando a sanidade pública senón ponse remedio, adoptando as medidas necesarias por parte do noso gobernante autonómico e é por iso que nos/nos obriga, a unha gran cantidade de cidadáns, a saír á rúa para alertar e denunciar todas estas situacións, para que os responsables públicos coñezan a propia realidade e que non insulten a intelixencia humana amparándose en cuestións partidistas para ocultar as súas responsabilidades.

Outros artigos

Saída de vía por unha indisposición en Rianxo

Un accidente produciuse no quilómetro 11 da AG-11, á altura da parroquia rianxeira de Isorna. Os feitos, que ocorreron instantes despois das 9 horas en sentido Ribeira, foron narrados por un particular que parou a auxiliar ao implicado, que acababa de saírse da vía co...

+

Rexistrado un sismo de magnitude 3 nas proximidades da costa de Ribeira

O Instituto Xeográfico Nacional rexistrou esta mañá un sismo de magnitude 3.0 con epicentro nas proximidades da costa de Aguiño (Ribeira). No Centro Integrado de Atención ás Emerxencias non se recibiu chamada algunha alertando sobre estes feitos, que tiveron lugar...

+

“Son persoas e morreron” – José Manuel Pena

En honra á verdade, despois de catro décadas de gobernos na Xunta de Galicia, hai que afirmar claramente de que a vivenda non foi unha cuestión prioritaria nin tan sequera importante para os responsables do Goberno autonómico. Hai escasas datas, saltou a noticia de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ideología, vs, pensamiento creativo”. Manuel Dominguez

“Ideología, vs, pensamiento creativo”. Manuel Dominguez

Cualquier parecido con la realidad es mera coincidencia Yo les sugiero que antes que yo hable, ellos se presenten. Uno me dice que en su juventud llegó a tener el libro rojo de Mao, fue trotskista, castrista, simpatizaba con LCR la Liga, admirador del Che, comunista,...

“O primeiro paso”. Luís Celeiro

“O primeiro paso”. Luís Celeiro

Os cregos din que o do compromiso a longo prazo e para sempre é o valor principal que outorga o casamento pola igrexa. María Mercedes da Orde, casada e divorciada varias veces, di, sen falar, sen levantar a voz, case como se escoitaramos o seu pensamento,“vaiche boa!...