O Centro Dramático Galego retomou o seu programa de mobilidade para facilitar a asistencia ao Salón Teatro de Santiago de Compostela mediante o desprazamento nun autobús dende diferentes concellos (Sobes ao autobús do teatro?). Entre os municipios que repiten nesta importante iniciativa cultural atópase o de Ribeira.
Así, o CDG fretará un autobús desde a cidade con destino Santiago de Compostela para que, quen o desexe, poida acudir á posta en escena de A contenda do río Miño unha coprodución do Centro coa Companhia de Teatro de Braga.
A iniciativa está enmarcada dentro da campaña para favorecer o acceso da poboación galega ó teatro público. O espectáculo está dirixido por Fran Núñez baseado no texto de 1671 de Gabriel Feixóo de Araúxo, que pasa por ser o primeiro texto teatral escrito en galego.
O servizo de transporte sairá de Ribeira o día 4 de febreiro ás 18.00 horas para chegar ó seu destino contra as 19.00 horas. A entrada terá un prezo de 3 euros e inclúe o transporte e o billete para o Salón Teatro, lugar onde terá lugar a representación. Pódense reservar escribindo un mail a normalizacion@ribeira.gal ou chamando ó número de teléfono 981 835 650 en horario de 9.00 a 14.00. Non haberá límite de reservas.
A Contenda do Río Miño
Proposta materializada a partir do texto Entremés famoso sobre a pesca do río Miño ou A contenda dos labradores de Caldelas de Gabriel Feixóo de Arúxo. Trátase dunha produción da Companhia de Teatro de Braga e o Centro Dramático Galego para o Festival de Almagro.
Autoría: Gabriel Feixóo de Arauxo / Dramaturxia: Javier Alonso de Castilla
Dirección: Fran Núñez
Elenco: Rogério Boane, Sílvia Brito, Carlos Feio, Eduarda Filipa, António Jorge, Grasiela Müller, Fran Núñez, Aisa Pérez, Valentina Picciau e Solange Sá.
Equipo espazo escénico: Salvador Forján, Antonio Mayo, Óscar Ortega, Xaquín Rei, Fernando Rodríguez, René Rodríguez, Suso Rodríguez e Elixio Vieites
Iluminación: Juanjo Amado e Tierri Pinto / Asistente de iluminación: Biqui Cabado
Son e audiovisuais: Antonio G. Budiño e Guillermo Vázquez
Vestiario: Cristina Cordido e María Negreira
Axudante de dirección: Silvia Brito / Apoio verso: Aisa Pérez
Coreografía: Belén Vázquez e Pilar Peña
Composición musical: Xosé Lois Romero e Grasiela Muller coa participación especial de Paulo Bragança
Deseño de produción: Rui Madeira
Produción: Paula Fonseca (CTB) e Francisco Veiga (CDG) / Asistente de produción: Xandre Vázquez