Rianxo rematará xaneiro coa presentación de Días de Intemperie (Riveiro Coello) e unha ofrenda floral (Actos Castelao)

20 Xaneiro 2023

O Concello de Rianxo compartiu a axenda cultural da vindeira fin de semana, última de xaneiro, a que vai dende o venres 27 até o domingo 29. Inclúense no programa de propostas contribucións propias e outras realizadas en colaboración con outras entidades con presenza no municipio e na comarca, como por exemplo Barbantia.

VENRES 27 DE XANEIRO

20:30, Centro Sociocultural-Auditorio, Sala Arcos Moldes (teatro)

Presentación da novela Días de Intemperie, de Antón Riveiro Coello

Coa participación do propio autor, Xesús Laíño (vogal da A. C. Barbantia), Milagros Torrado (secretaria da A. C. Barbantia), Marcos Calveiro (Director de Edicións de Galaxia) e Adolfo Muíños (alcalde de Rianxo)

Intervención artística a cargo de Alfonso Costa

Apertura e peche musical a cargo da EMR de Rianxo

SÁBADO 28 DE XANEIRO

12:00, Paseo da Ribeira (busto de Castelao)

Ofrenda floral e intervención de autoridades

20:30, Centro Sociocultural-Auditorio, Sala Arcos Moldes (teatro)

Xirando, concerto poético-musical de Noelia Gómez e Rui Grenha

EXPOSICIÓN:

Do 3 de xaneiro ao 1 de febreiro,

Centro Sociocultural-Auditorio (sala de exposicións)

XVI Premio Luís Ksado de Creación Fotográfica da Deputación Provincial da Coruña

Outros artigos

Abertas as inscricións para a nova Andaina San Silvestre Rianxo

BeOne Rianxo Piscina Municipal de Rianxo organiza unha nova edición da Andaina San Silvestre Rianxo. Será o 31 de decembro a partir das 10.00 horas. A distancia a percorrer será de 12 quilómetros. As inscricións están abertas e teñen un custe de 10 euros máis a achega...

+

O Nadal vivirase tamén nas parroquias da Pobra

As parroquias do termo municipal da Pobra do Caramiñal gozarán tamén de actividades de Nadal dirixidas á rapazada que impulsa a Concellaría da Participación Veciñal. A edil Amparo Cerecedo manifestou que o se busca é “descentralizar as accións lúdicas do núcleo urbano...

+

Este sábado celébrase en Araño a segunda edición da Muiñada do Te

Este sábado 2 de decembro imos ter unha actividade cultural, medioambiental e family-friendly na parroquia de Araño, en Rianxo. Estamos a falar da segunda edición da Muiñada no Te, organizada pola Asociación Veciños Araño en colaboración co Concello de Rianxo e a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O falar das pedras”. Luís Celeiro

“O falar das pedras”. Luís Celeiro

O falar das pedras é moito falar. Din o que saben, o que pasaron e o que será. As pedras gardan as mensaxes do tempo, as raias dos anos, dos miles e millóns de anos e cóntannolo aos que as escoitamos, aos que as miran e as queren. Millóns de anos escribindo e deixando...