Rianxo enfía o comezo do ano con actividades de conciliación e encontros cos Reis Magos

02 Xaneiro 2023

As festas prometían ser completas en Rianxo e desenvolvemento de boa parte das actividades da axenda así nolo confirmou. Porén, aínda hai accións importantes neste comezo do ano, logo do peche da Carpa de Nadal do Concello, que se mantivo activa entre o 26 e o 30 decembro dando acubillo a unha manchea de accións para a rapazada, entre as que se atopan as seguintes. Entre as propostas que seguen activas atópanse as seguintes:

-Mercaconcilia 2022. Actividade impulsada polo Concello destinada a achegar a alternativas de lecer ás familias para que se poidan facer as compras nos establecementos con total comodidade. Inclúe propostas de diversión para crianzas de entre 2 e 12 anos. Achegarase un espazo de xogos na Ludoteca Agarimo, os días 23, 24, 26, 27, 28, 29, 30 e 31 de decembro, e máis os días 2, 3, 4 e 5 de xaneiro. Será un espazo de balde onde deixar ás nenas e nenos mercando produtos locais e selando a tarxeta de Mercaconcilia nos establecementos. O horario é o seguinte: de 10 a 14h e de 16.30 a 20.30 horas todos os días agás o 24 e o 31, xornadas nas que o horario de tarde reducirase de 16.30 a 18.30 horas. Ademais, o día 5 será só de mañá.

Comunicación cos Reis Magos a través de vídeo-conferencia. A rapazada rianxeira vai ter nestas festas, ao seu alcance, a posibilidade de falar por vídeo-conferencia nada máis e nada menos coas Súas Maxestades Os Reis Magos de Oriente. A comunicación será posíbel grazas á iniciativa conxunta do Concello e a Asociación Rianxeira de Empresarios. As familias interesadas en empregar esta canle para que as crianzas lles expresen os seus desexos ás Súas Maxestades teñen que reservar cita a través da web nadalrianxo.com e elixir unha data e hora para recibiren a chamada.

Cabalgata de Reis. Ao longo da tarde do día 5, os Reis Magos realizarán a tradicional cabalgata, percorrendo as parroquias, rematando coa recepción das Súas Maxestades na Praza Castelao.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“País de emigrantes” – José Manuel Pena

“País de emigrantes” – José Manuel Pena

Galicia para ser un país de emigrantes aprendeu moi pouco sobre o tratamento laboral cara aos novos inmigrantes que chega en busca de novas oportunidades. Lembrar, cando algún galego marchábase para Suíza, EE.UU, Arxentina, Canadá, Alemaña ou Gran Bretaña. Os peores...

“Quen o sabe?”. Luís Celeiro

“Quen o sabe?”. Luís Celeiro

Non sei por que ni a santo de que vén á cabeza deste escribidor o caso insólito de Manoliñodas Filgueiras. Ocorreu nos primeiros anos da década do sesenta do século pasado e deixousen fala aos seus familiares, aos mestres que tiña, aos fregueses da parroquia, aos...