Rexistradas máis dun cento de incidencias por mor dos efectos do temporal

16 Xaneiro 2023

Entre as 00 e as 12 horas do día de hoxe, o vento e a chuvia veñen deixando a súa pegada na comunidade, e especialmente nas provincias da Coruña e de Lugo.

As incidencias máis repetidas no territorio galego foron, con diferencia, as caídas de árbores e pólas nas estradas (71 en total), seguidas daquelas relacionadas coa prevención de risco (12) e a caída de cables sobre as estradas (9). 

Así, na da Coruña, o 112 Galicia contabilizou un total de 70 incidencias, seguidas das 30 rexistradas na de Lugo; 17 na de Pontevedra e, por último, 6 na de Ourense. Aínda que sen incidencias de consideración, a caída de árbores e pólas sobre as vías de circulación marcaron as últimas horas. Na provincia da Coruña rexistráronse 37 incidencias deste tipo; na de Lugo, 22; na de Pontevedra 7 e na de Ourense, 5. 

Activación do Plan Inungal
Convén lembrar que está activado o Plan Especial de Protección Civil Inungal polo aumento do caudal e o posible desbordamento dos ríos Lerez, en Pontevedra; do Mera, en Ortigueira; do Furelos, en Santiso; do Mandeo, en Betanzos; do Ouro, en Foz; do Parga, en Guitiriz; do Ladra, en Vilalba; e do Tambre, en Oroso. 

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.