Remolcado a Ribeira o pesqueiro “La Chainza” con cinco tripulantes

23 Xaneiro 2023

O pesqueiro La Chainza, con base en Ribeira tivo que ser remolcado con cinco tripulantes a bordo tras enredarse o aparello na hélice da embarcación.

Segundo informa Salvamento Marítimo, na mañá deste luns o pesqueiro emitiu aviso de axuda ao atoparse próximo a punta Laxe Brava. A base de Fisterra mobilizou á Salvamar Sargadelos, que remolcou á embarcación ata o porto de Aguiño, en Ribeira.

Pola súa banda, ata o lugar tamén se desprazou o patrulleiro Tabarca, que ten a súa base en Marín pero atopábase na zona en misión de vixilancia marítima, xa que escoitou pola canle de emerxencias que o pesqueiro enganchara as súas redes e quedouse sen goberno a escasos metros da costa.

O Tabarca , que por certo está no porto de Muros e pode ser visitado a partir deste martes, chegou ata o barco sinistrado e puido comprobar que a tripulación se atopaba sa e salva, polo que permaneceu no lugar ata a chegada da embarcación de Salvamento Marítimo para o remolque.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...