“Recadar e sumar”. Luís Celeiro

05 Xaneiro 2023

O concello anunciaba a festa nos xornais locais e, cos cartos públicos, animaba á cidadanía para que asistira a un evento de entretemento dos nenos e das nenas, que deberían pagar e acudir acompañados por un ou varios adultos, que tamén pagaban a entrada naquel espazo,
construído e mantido con diñeiro público administrado polos integrantes do goberno municipal.
Era unha acción, un feito preparado para recadar e sumar, para que as arcas públicas non se baleiren de todo, para que se poida gastar máis alegremente nesta vindeira etapa de tantos compromisos e de tantas necesidades.
Os concelleiros do ramo, e dos ramos afíns, ofertaban o espazo e chamaban á xente para que fose conciliar, parolar, entreter ás crianzas e consumir naquel enorme bar efémero, deseñado e construído para a ocasión, para que quen quixera puidera mercar doces saborosos e de tódolos tipos. Unha forma de privatizar o espazo, como se privatizan as rúas, a sanidade, as prazas, o ocio, a educación e o aire, que moitos pensaron (pensamos) que era de todos.
Os concelleiros e as concelleiras de tódolos concellos, nestes días de principios de ano, amosan diante da veciñanza a súa mellor cara alegre, saúdan ao pasar e, cando volven, saúdan outra vez, como se a anterior fora o ano pasado. Ou como se quixesen quedar ben sen gastar nada. Cobran polo xa cobrado e prometen rebaixas para cando se poida. Vaiche boa!
Moitos dos espazos públicos resérvanse para uso privado e os privados, privados son, ao servizo do negocio e dos negociantes. Moitos espazos públicos están abandonados da man de Deus, esquecidos polos alcaldes e concelleiros, maltratados polos coidadores e sen que ninguén mire por eles. Outros están producindo e, aínda que sexa á conta da inocencia dos meniños e da carteira dos pais, as concelleiras e concelleiros presumen do seu labor, anotan na memoria anual, da que intentan arrancar forzas para ás eleccións.
Milleiros de concelleiros en Galicia queren seguir no seu ou adiantar algún posto na listaxe.
Rúan cos nenos, xogan cos vellos e, neste tempo, lamben neles, como se fosen xeados.
Falan de todo, da liberdade, da economía, da filosofía, do medio ambiente, do público e do privado. Falan das tripas do partido, dos candidatos, dos feridos, dos corruptos e dos honrados. Falan! Pero como di a Tía Manuela, “sería ben que reflexionaran, que acordaran e que actuaran”.

Outros artigos

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

+

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

+

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

Francia convive cada cierto tiempo con pequeñas revoluciones o estallidos sociales que,aunque comparten escenarios, responden a causas diferentes. Recuerden la revoluciónde Mayo 68 de la que Daniel Cohn-Bendit, uno de sus líderes, dice que entonces losjóvenes eran...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.