Porto do Son acolle un curso de balde sobre mobilización de persoas dependentes

11 Xaneiro 2023

O Concello de Porto do Son, en colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns –dependente da Consellería de Sanidade-, organiza unha actividade formativa para persoas que se dedican aos coidados doutras persoas e mellorar a súa calidade de vida. Trátase dun curso de balde para a mobilización de persoas dependentes e para a prevención de úlceras por presión. A acción formativa, de catro horas de duración, celebrarase o venres 10 de febreiro na Casa da Cultura de Porto do Son. As inscricións poden facerse a través da conta maria.santos.lemina@portodoson.gal (adxuntando a ficha). As prazas son limitadas e asignaranse por orde de inscrición.

Programa de contidos

-Coidados en dependentes: técnicas de mobilización de persoas con dificultade da mobilidade,
prevención de caídas, etc.

-Úlceras por presión: que son e por que xorden. Prevención.

-Cambios posturais.

-Adaptacións técnicas para o coidado das ulceras por presión.

-Etc.

A sesión correrá a cargo de Victor Iglesias Vigo, enfermeiro da Área sanitaria de Santiago . SERGAS.

Outros artigos

O 20 de xuño celébrase a II Andaina Nocturna de Nebra

Volve a Andaina Nocturna de Nebra, logo de éxito de participación do ano pasado, e faino cunha segunda edición programada para o sábado 20 de xuño a partir das 22.00 horas (recepción) na Casa Veciñal de Nebra (campo da festa) e cun prezo de oito euros de inscrición....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...