Os colectores de téxtil da Pobra recolleron 35’23 toneladas no pasado ano

27 Xaneiro 2023

O Concello da Pobra do Caramiñal fixo balance da actividade xerada pola cidadanía, en 2022, en relación aos colectores de recollida de roupa repartidos pola xeografía municipal, unha ducia de contedores destinados a dar unha segunda vida a aquelas pezas de roupa e calzado que xa non se usan. Este servizo de recollida acadou na Pobra a cifra de 35’23 toneladas no pasado ano; cifra que descende con respecto a 2021, cando se estivo a piques de chegar ás 40 toneladas, segundo apunta a concelleira do Medio Ambiente, Genoveva Hermo (Nós Pobra).

O número de entidades que efectúan a recollida son tres. A empresa de inserción sen ánimo de lucro Arroupa (cor vermella), unha iniciativa promovida por Cáritas, dispón de contedores na Virxe do Monte, O Xobre, A Angustia e Caíños. Humana (cor verde) ten presenza na rúa Gasset, na rúa Rafael Dieste, na rúa San Lázaro e en Caíños. E Texlimca (cor azul) conta con puntos na rúa Díaz de Rábago, no recheo, no paseo dos Areos e na rúa Venecia-Pintor Laxeiro.

Cáritas rexistrou o maior volume, cun total de 13’45 toneladas, seguida de Humana, con 12’41, e de Texlimca, con 9’37.

Segundo explican estas entidades e reflicte o Concello, a finalidade da vestimenta que sae destes colectores é diversa, ben sexa con fins sociais ou para a fabricación de materia prima para outros produtos. Unicamente se permite depositar pezas de orixe doméstica, tales como roupa do fogar, de vestir, complementos, calzado e outros elementos con compoñentes téxtiles, como peluches.

Neste senso, a edil fai fincapé na importancia dos tres R (reducir, reciclar e reutilizar), ademais da separación na orixe para evitar que o téxtil acabe no contedor xenérico.

Outros artigos

O BNG esixe “celeridade” para rematar as obras de Palmeira

A deputada do BNG no Parlamento de Galiza, Rosana Pérez, trasladou en comisión parlamentaria a preocupación existente pola paralización das obras de humanización da estrada AC-305 ao seu paso pola parroquia de Palmeira, no concello de Ribeira. Fíxoo a través dunha...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...