O Rotogal Boiro Voleibol padece unha nítida derrota ante un Barça Voleibol que exhibiu un gran nivel

21 Xaneiro 2023

Miguel Alvarez.- Partido sen demasiada historia na Cachada. O Barça Voleibol non se deixou sorprender por un Rotogal Boiro Voleibol que asinou un encontro de menos a máis, pero que non achou unha vía para facer sufrir a un adversario que apenas mostrou fisuras sobre o parqué.
O primeiro set apenas tivo historia. O Barça Voleibol exhibiu unha enorme contundencia na recepción e o saque #ante un Rotogal Boiro Voleibol que non tivo o seu mellor tarde á hora de recibir.
Lastrados por esa faceta do xogo, aos de Emilio Palacio custoulles producir en ataque e viron como
os cataláns pechaban a manga cun claro 10-25.
O segundo set foi similar ao primeiro. Aos visitantes, que seguiron moi inspirados no saque, non lles custou volver escaparse no marcador #ante un Rotogal Boiro Voleibol que sufriu desde os primeiros puntos. O Barça Voleibol encarrilou o triunfo cun contundente 13-25.
Na terceira manga, o Rotogal Boiro Voleibol mellorou e conseguiu equilibrar o choque nalgúns aspectos. Con todo, o Barça Voleibol adquiriu unha pequena vantaxe que roldou os catro puntos que supuxo un colchón suficiente para pechar o partido pola vía rápida cun parcial de 21-25.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.