O Rotogal Boiro Voleibol ofrece a súa mellor versión e espreme ao Río Douro Soria nos Pajaritos

29 Xaneiro 2023

A pesar de sufrir unha derrota na cancha do Río Douro Soria (3-0), o Rotogal Boiro Voleibol regresou con boas sensacións de terras castelás. O conxunto de Emilio Palacio sacou a relucir a súa mellor versión da segunda volta e tratou de ti a ti ao segundo clasificado da Superliga. Finalmente, os locais non deron opción á sorpresa nun choque moi disputado.
O Rotogal Boiro Voleibol non realizou unha óptima posta en escena. Con todo, o conxunto da Cachada puxo sobre o tapete un gran rendemento defensivo para compensar as lagoas exhibidas na recepción e no saque. A pesar de que o equipo foi crecendo no transcurso da primeira manga, non puido evitar que a balanza caese ao lado do Río Douro Soria (25-18).
Os visitantes seguiron crecendo no segundo set. Con boas prestacións no saque e na recepción, e tras conseguir manter o bo ton defensivo, puxeron contra as cordas a un incómodo Río Douro Soria. Con todo, dous puntos de saque de Moreno, ex do Rotogal Boiro Voleibol, sentenciaron a manga por un axustado 26-24.
O Rotogal Boiro Voleibol mantivo a boa liña no arranque do terceiro parcial. Con todo, algunhas decisións arbitrais sacáronos do encontro. O Río Douro Soria tomou un colchón de catro puntos ao seu favor e, a pesar dos intentos dos visitantes por volver meterse no partido, os locais non deron opcións á sorpresa baseados nunha gran contundencia ofensiva (25-17).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.