O PSOE leva ao Parlamento galego unha iniciativa para licitar o proxecto do novo Centro de Saúde de Noia

18 Xaneiro 2023

O PSdG – PSOE anunciou que vai levar ao Parlamento de Galicia unha iniciativa para licitar o proxecto do novo Centro de Saúde de Noia. Así o fixeron saber o candidato á alcaldía noiesa Fran Pérez e máis a deputada autonómica Noia Díaz, que veñen de manter varias reunións nas que mostraron a súa preocupación “pola inexistencia da dita licitación do proxecto e da partida orzamentaria específica para tal fin”.

O candidato á alcaldía de Noia polo PSdG-PSOE, Fran Pérez, mantivo dúas xuntanzas consecutivas ca deputada autonómica Noa Díaz, co obxectivo de realizar unha análise da situación local no referente “ao investimento e á orzamentación de partidas de gran relevancia para o concello noiés”. Nestes dúas reunións, celebradas a primeira en Santiago de Compostela e a segunda en Noia, coincidiron en afirmar que “moitos dos proxectos anunciados por parte do actual rexedor noiés non contan con partida orzamentaria específica e definida, como si acontece en investimentos deste tipo noutros Concellos”, sinalaron. En consecuencia, o propio PSdG- PSOE comprometeuse a levar esta cuestión ao Parlamento galego para “evitar a súa paralización”, explicaron, engadindo que ao longo das dúas reunións tratáronse outros investimentos anunciados, como o caso do desdobre do corredor Noia-Brión ou o da Depuradora, que “por agora só conta cunha partida asignada para a primeira parte da obra, estando a segunda parte en espera indefinida”, dixeron.

Estas reunións foron, de acordo co equipo do candidato Fran Pérez, as primeiras “dunha ampla rolda de xuntanzas que o socialista busca manter con cargos a nivel local, autonómico e nacional”. O obxectivo destas xuntanzas sería, en primeiro lugar, “ampliar a perspectiva á hora de abordar os problemas que atravesa o concello de Noia”, ao mesmo tempo que “enriquecer as propostas programáticas coas que Fran Pérez e o PSdG noiés buscarán ilusionar e convencer á cidadanía de Noia”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A mellor, a da casa”. Luís Celeiro

“A mellor, a da casa”. Luís Celeiro

Todo ao grande, como debe de ser para aparentar fartura. En A Cañiza, neste mesmo ano,Alberto fixo o bocadillo máis grande que se coñece no mundo. Era de xamón, tan grandeque ninguén era quen de comelo enteiro. A barra de pan medía uns vinte metros delonxitude e a...

“Amigos”. Xulio Xiz

“Amigos”. Xulio Xiz

Eu era de facer anotacións de todo tipo, ata que as novas tecnoloxías me mudaron os hábitos. Hai anos utilizaba unha relación de varios folios onde tiña clasificados por orde alfabética amigos e coñecidos con enderezo, teléfonos e correos electrónicos. E, á parte,...