O PSOE de Noia levará a pleno a creación dunha bolsa de aluguer de baixos baleiros

25 Xaneiro 2023

Os socialistas de Noia queren impulsar no Concello o comercio local e a apertura de novos negocios. Este obxectivo materializarano nun proposta que será votada este xoves en sesión plenaria. Nela fan saber que “a situación económica que está a atravesar Noia resulta enormemente preocupante” e que !dende 2018 perdéronse máis de 30 empresas, reducíndose tamén o número de autónomos en máis de cen no noso concello e perdéndose, a maiores, importancia dentro do sector comercial da comarca, da que sempre foi cabeza e referente”.

O PSdG-PSOE noiés considera “un grave problema” a falta de lanzamento de novas iniciativas empresariais, así como “a falta de relevo nos alugueres dos baixos comerciais”. A agrupación encabezada por Fran Pérez alerta, neste punto, da proliferación de carteis anunciando o aluguer ou venda, “cada vez máis comúns en locais que, ate hai ben pouco, albergaban negocios”. Os socialistas consideran que é “preciso establecer dende o Concello unha liña estratéxica que impulse a dinamización económica de Noia, comezando pola creación dun banco de baixos comerciais que, co apoio de inmobiliarias e particulares, sirva para atopar novos usuarios a prezos asumíbeis, ao mesmo tempo que se garante o cobro por parte de propietarios e arredendatarios”.

Así mesmo, propoñen aprobar unha axuda destinada a cubrir, como mínimo, o 50% do alugueiro anual para a implantación de novas iniciativas de economía social, abarcando todo tipo de sectores, co obxectivo de dinamizar a economía local.

De acordo co expresado por parte do candidato á alcaldía Fran Pérez, “cómpre dar pasos para reverter unha tendencia negativa no sector comercial de Noia, peza fundamental e clave do desenvolvemento do municipio” así como “reforzar o carácter de centro comercial de referencia na nosa comarca”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O falar das pedras”. Luís Celeiro

“O falar das pedras”. Luís Celeiro

O falar das pedras é moito falar. Din o que saben, o que pasaron e o que será. As pedras gardan as mensaxes do tempo, as raias dos anos, dos miles e millóns de anos e cóntannolo aos que as escoitamos, aos que as miran e as queren. Millóns de anos escribindo e deixando...