O proxecto de renovación do céspede artificial do Campo da Tasca recibiu seis ofertas

10 Xaneiro 2023

O Concello de Ribeira fixo balance das ofertas presentadas para renovar o céspede artificial do Campo de Fútbol da Tasca, en Aguiño. Foron un total de seis as ofertas achegadas para “unha actuación da que a mesa de contratación procedeu esta mañá á apertura da documentación administrativa”, engadiron fontes do Consistorio.

O Concello explicou tamén que “cunhas dimensións de 102×62 metros cadrados, o actual terreo de xogo acusa un notábel desgaste derivado dun uso intensivo e do propio paso de tempo, ademais de bochas e depresións nalgunhas zonas, o que aconsellaba a súa renovación”.

Para corrixir estas eivas, vaise desmontar e retirar a herba actual, incluído o árido, e situar no seu lugar un novo céspede sintético de última xeración mediante sistema tufting. Colocarase novo equipamento deportivo, incluíndo porterías de fútbol 11 e fútbol 7, e picas de córner abatíbeis con bandeiriñas.

A actuación ten un prezo de licitación de 275.660,36 euros e un prazo de execución dun mes e medio.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.