Esta fin de semana celebraranse no Pazo de Goiáns (Boiro) as Festas de San Mauro. Inclúen como pratos fortes un serán tradicional con chocolatada, actuacións musicais, unha festa dos callos e máis actividades. Os festexos celebraranse o sábado 14 e o domingo 15.
Sábado 14 de xaneiro
17.00h – Chocolatada e serán tradicional no Pazo de Goiáns con Os da boina, A Dorniña de Abanqueiro, pandereteiras de Aroña, Nunca é Tarde, rianxeiras da Covecha da Pobra e Teixedal de Taragoña.
20.00h – Actuación do grupo A Tajea
Nota: ao remate foliada libre e celebración do conxuro da queimada.
Domingo 15 de xaneiro
Alborada a cargo dos grupos Arume e Os Pequenos do Barbanza
13.00h – Festa dos callos e da empanada amenizada polos grupos de baile tradicional Pedra da Aroña e Abeloura xunto cos gaiteiros Os Pequenos do Barbanza.
19.00h – Despois da procesión tirada de fogos artificiais e chocolatada
Moncho Viña presentou no Son as súas historias do Deportivo contadas a golpe de micrófono: “Moito que contar”
Este 17 de setembro pola tarde celebrouse na Casa da Cultura de Porto do Son a presentación do libro Moito que contar. Dépor e radio: dúas paixóns e un cento de historias, escrito por Moncho Viña e publicado por Baía Edicións. A cita tivo un formato de espazo aberto...