“O edificio da conserveira Cerqueira, de Ribeira, na Axenda urbana do Concello”. Antón Luaces

19 Xaneiro 2023

Non está perdido. O edificio que, ata o de agora, serviu como rampla de creación e lanzamento dunha ducia de marcas distintas de conservas de peixe e marisco, non vai ser unha discoteca.

Por se fose pouco a petición no seu día formulada polo BNG para que a Xunta declarase ese máis que simbólico edificio Ben de Interese Cultural (BIC), o catálogo patrimonial de Ribeira, que data do ano 1999, ten sinalado este inmoble -xunto a outros 70 existentes no municipio- como construción histórica e, polo tanto, “ben a conservar”. Ao igual que a conserveira de Bandaurrío, figuran nese catálogo edificios como a casa reitoral -situada ao costado esquerdo da igrexa parroquial, na praza de Otero Goyanes- só por falarmos dos que que se poden considerar como máis coñecidos. Pero na listaxe deses 70 edificios que sinalabamos, figuran outras igrexas, edificios e conxuntos urbanos de parroquias ribeirenses como Corrubedo, Oleiros, Olveira, etc.

Concretando: non se comprou o edificio e, daquela, ninguén pagou por el oito millóns de euros. Paralízouse, sí, a actividade e, no vindeiro mes de xuño, 250 persoas terán cadanseu posto de traballo  nas novas instalacións da conserveira con matriz en Vigo no polígono industrial de Rianxo. Neste proxecto, Cerqueira investiu 28 millóns de euros.

O Concello de Ribeira confirmou a O Barbanza que mantén contactos cos empresarios da conserveira para a adquisición do edificio fabril e, probablemente, a vivenda anexa, construída en  pedra, que foi residencia do director da industria.

O concello pretende converter o vetusto edificio, que data de finais do século XIX -no que sobresae a cheminea, levantada con ladrillos vista-  nun centro cultural dotado, probablemente, dun auditorio ou sala de concertos. Esta idea consta xa na devandita Axenda Urbana, que prevé actuacións deste tenor ata o ano 2030. Dou por suposto que o plasmado na Axenda non dependerá de quen dirixa o municipio e que, goberne quen goberne, seguirá os ditados estabelecidos.

O edificio da fábrica de conservas Cerqueira ten valor patrimonial e industrial, coa cualificación  de edificación illada, obstáculos ben definitorios desa certa imposibilidade de ser adquirida por un particular para o converter en centro de ocio ou macrodiscoteca.

O edificio foi construído, como xa se dixo, a finais do século XIX e adquirido pola conserveira no ano 1945 ao conserveiro arousàn Adelino Guillán de Dios (segundo consta en traballos asinados polo profesor da Universidade de Santiago Xoan Carmona Badía) . Xa en mans de Cerqueira, a factoría comezou a traballar elaborando conservas de mexillón e outros moluscos para, posteriormente, incluír no seu catálogo produtivo bonito e outros peixes.

Oxalá, dada a proximidade das eleccións municipais (mes de maio), poida producirse algunha boa nova no senso do que os ribeirenses queren: non perder o singular edificio, santo e sinal do que foi a característica do sector conserveiro galego, e a súa adicación futura a actividades socioculturais. Que son as que demandan os cidadáns.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...