O Concello de Noia pon a disposición da veciñanza a súa app municipal

31 Xaneiro 2023

O Concello de Noia presentou os días pasados a súa aplicación móbil municipal, baixo o epígrafe Noia na túa man!. Fíxoo logo de meses de probas para ultimar detalles e mellorar ao máximo as funcionalidades, a accesibilidade e as facilidades de uso da ferramenta para dispositivos.

A presentación oficial celebrouse o pasado 24 de xaneiro. Participou a concelleira de Novas Tecnoloxías, Laura Salgado, quen sinalou que estamos ante “unha app variada e interactiva, con toda a información da vila no móbil de cada veciña e veciño”.

Inclúe noticias, axenda de eventos, acceso directo á sede electrónica, sección con avisos importantes, calendario de impostos, prazos de inscricións e subvencións e servizo de envío de mensaxes.

Quen desexe descargala pode facelo escaneando o código QR da ferramenta ou accedendo ás web de Apple e Android.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...