O Concello de Lousame organiza unha dobre cita cos Reis Magos: recepción o xoves na Casa da Cultura e Festival de Reis o sábado

03 Xaneiro 2023

O Concello de Lousame organiza unha cita dobre cos Reis Magos para a cativada do municipio, que está prevista para a mañá do xoves 5 de xaneiro na Casa da Cultura e para a tarde do sábado 7 de xaneiro no Polideportivo Municipal da Silva. Serán dúas actividades de acceso gratuíto, se ben é preciso reservar entrada a través de www.bandoticket.com.

A primeira cita será este xoves 5 de xaneiro. De 10:00 a 14:00 horas, a Casa da Cultura de Lousame acollerá unha recepción dos Reis Magos, que seguirá o mesmo procedemento dos dous anos anteriores. Así, a veciñanza de Lousame poderá escoller a hora de visita á recepción real de forma gratuíta a través de bandoticket.

Finalmente, o Concello de Lousame recuperará o tradicional Festival de Reis no Polideportivo Municipal Pilar Barreiro Senra, despois de dous anos sen celebrarse por mor das restricións da pandemia sanitaria. Unha festa infantil con xogos, inchábeis, obradoiros… e un chocolate con churros para todas as persoas participantes. Inscricións de balde en bandoticket.com.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O falar das pedras”. Luís Celeiro

“O falar das pedras”. Luís Celeiro

O falar das pedras é moito falar. Din o que saben, o que pasaron e o que será. As pedras gardan as mensaxes do tempo, as raias dos anos, dos miles e millóns de anos e cóntannolo aos que as escoitamos, aos que as miran e as queren. Millóns de anos escribindo e deixando...