O Concello de Dodro organiza unha excursión veciñal para degustar o cocido galego en Rodeiro

24 Xaneiro 2023

O Concello de Dodro, a través do departamento de Servizos Sociais, organizou unha excursión veciñal destinada a degustar o cocido galego no concello de Rodeiro (Pontevedra). Será o vindeiro sábado 11 de febreiro, con saída prevista para as 9.00 horas e regreso aproximado ás 20.30 horas. A viaxe inclúe unha visita a unha das xoias arquitectónicas da nosa terra: o Mosteiro de Oseira. Tamén se inclúe unha parada na vila de Lalín, que está considerada por moitos especialistas gastronómicos a capital do cocido galego. As inscricións están abertas para toda a veciñanza de Dodro. Poderá facerse antes do 31 de xaneiro a través do teléfono 981 802 466. O prezo será de 30 euros por persoa.

Presentación de cocido galego nunha imaxe de Coren

Outros artigos

O Consello de Contas outorga unha nota alta a Dodro

O pleno de setembro en Dodro aprobou distintos asuntos de importancia como convenios de colaboración cos concellos veciños, o POS adicional 2 da Deputación ou o informe fiscalizador do Consello de Contas. O Consello de Contas, na reunión do pasado 29 de xullo, emitiu...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.