O Concello de Boiro comezou as obras de urbanización na rúa Pesqueira en Cabo de Cruz

26 Xaneiro 2023

O Concello de Boiro está a desenvolver en Cabo de Cruz os traballos destinados a completar a urbanización da rúa Pesqueira. As actuacións forman parte do proxecto de urbanización das rúas Tenencia e Pesqueira que se executa co financiamento da Deputación da Coruña mediante o Plan Único Concellos (POS+2022) e que ascende a un total de 98.555,73 euros.

Esta semana comezaron as obras en Pesqueira, no núcleo de Cabo de Cruz, onde se está a executar a nova rede de recollida de pluviais e un novo pavimento de lastros (adoquíns) de granito e lousas de pedra. “Este proxecto busca a mellora de vías moi transitadas en núcleos de poboación importantes e do que se benefician moitos veciños e veciños” recoñeceu o alcalde, José Ramón Romero.

O proxecto completase coa urbanización da rúa Tenencia, no centro de Boiro, unhas obras que están xa moi avanzadas e onde se realizou a execución dunha nova rede de recollida de pluviais e agora se está a executar un novo pavimento de lastros de formigón e lousas de pedra para a regulación das rasantes e completar a urbanización da rúa.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...